Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,626 episodes available.
July 29, 2016#OPeche |Despedimos xullo, pero non o veránDous días quedan para pechar o mes mais caloroso do ano. E é que xullo deu para moito. Este luns volvemos rachar cos datos de temperaturas máximas deste ano ao superar os 38 grados, situándose como o sexto día mais abafante dende 2010. E xullo tamén nos deixa con dous sentimentos contrapostos, os dos que se van e os dos que volven....more3minPlay
July 29, 2016Esta fin de semana volve a Festa do Peixe Espada á GuardaTras nove anos de ausencia, a Festa do Peixe Espada volve á Guarda grazas ao compromiso e traballo da Organización de Palangreiros Guardeses ORPAGU. Unha fin de semana que non soamente será gastronómica, senón que tamén combinará actuacións musicais e deportivas. Unha edición que este ano comeza co pregón do cantautor guardés Tino Baz....more3minPlay
July 28, 2016Este domingo celébrase o Descenso do río Miño en Boias da EurocidadeEste domingo ás 15.30h hora española sairá das áreas recreativas de Caldelas e Friestras o Descenso do río Miño en Boias da Eurocidade. O prazo de inscriición está aberto até mañá. Hoxe foi presentado polo concelleiro de Deportes de Tui, o verador de Desporto de Valença e o presidente da Junta de Freguesía de Verdoejo....more3minPlay
July 28, 2016#OPeche |Poesía para celebrar o 125 aniversario dos Xogos Florais de GaliciaFai 125 anos, o 24 de xuño de 1891, o Teatro Principal de Tui acollía un evento único que pasaría a historia como un fito fundamental para cultura e a lingua galega: Os Xogos Florais de Galicia. Na Radio Municipal de Tui sumámonos á homenaxe que este venres celebrará o Concello de Tui con motivo deste aniversario. Hoxe pechamos o informativo con dous dos poemas dos rapaces do CEIP Nº1 de Tui que nos demostran que con 10 anos tamén se pode facer poesía en galego....more3minPlay
July 28, 2016Noticias 13.30h - Xoves, 28 de xullo de 2016O que acontece en Tui e na comarca do Baixo Miño, a actualidade, as citas, os deportes... nos informativos da Radio Municipal de Tui....more29minPlay
July 28, 2016Ent. Alberto González - Food Market SilabarioEste domingo música e gastronomía irán da man en Tui. A partir das 21:30 Amaro Ferreiro estará en concerto na terraza de verán do Silabario que ademais organizará un food truck, ou mercado de sabores, no que os asistentes poderán probar diferentes pratos. Dábanos conta deste evento Alberto González....more4minPlay
July 28, 2016Ent. Ricardo Mella - Diálogos en EducaciónÁs 20h no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda terá lugar o quinto faladoiro dos “Diálogos en Educación”. Hoxe intervirá Ricardo García Mira, doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994) e profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña (1995-2015). Falará sobre “Estilos de vida sostibles e innovación social (ou como devolver a política á cidadanía)”...more5minPlay
July 27, 2016Ent. Beli Martínez do proxecto Socheo - Exposición 'Camiños da Imaxe'A Casa dos Alonsos na Guarda acolle ata o 15 de agosto a exposición "Camiños da Imaxe". É froito do traballo de recuperación realizado nos últimos anos polo proxecto Socheo do fondo de Joaquín García Portela "Costiña". Beli Martínez achegounos todos os detalles. A mostra pode visitarse de martes a sábados de 12 a 14 horas e de 19 a 22 horas , e os domingos e festivos de 12 e as 14 horas....more5minPlay
July 27, 2016Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Asunto pleno ordinarioA inclusión do Concello de Tui na Área Metropolitana de Vigo é un dos temas que mañá xoves tratará en pleno a corporación municipal de Tui a partir das 20h. Tamén se leva a esta sesión a ampliación de usos da antiga escola de Chans, en Randufe, e a aprobación inicial do regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, entre outros temas dos que hoxe deu conta Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui...more6minPlay
July 27, 2016O XII Música no Claustro tingue á Catedral de Tui de vermelloMúsica no Claustro inclúe 5 concertos principais en diferentes puntos da Catedral, co primeiro deles na Capela das Reliquias da man de Moisés Quintas. Ademais, celebraranse distintos obradoiros, visitas guiadas á cidade medieval e conferencias e unha xincana para os cativos co leit motiv das fortalezas e a grana cohinilla . Un parásito que chegou dende México que permite tinguir diferentes materiais dunha cor avermellada e que tivo unha gran importancia na vida social e relixiosa do momento, tamén na propia Catedral de Tui. Unha edición polo tanto que tínguese de vermello....more5minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,626 episodes available.