Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Óscar Carrera, padeeiro - Diploma olímpico
    O padeeiro tudense Óscar Carrera, diploma olímpico nos Xogos Olímpicos de Río2016, comentou hoxe no programa Día a Día a súa experiencia nesta competición onde foi quinto no K4 1000 metros. Agora descansa uns días na casa e volverá nunhas semanas aos adestramentos.
    12 min
  • Salceda celebra o domingo a Festa dos Callos
    Todo preparado en Salceda para celebrar este domingo a Festa dos Callos na que se prepararán 20 mil racións deste prato que se porán á venda ao prezo de 8€. Este evento gastronómico foi presentado esta mañá na Praza do Concello salcedense, o lugar onde se realizará este domingo.
    2 min
  • Este venres Tui volve á Idade Media co Festival Arraianos
    Esta fin de semana a cidade de Tui volverá a Idade Medieval co Festival da Historia Arraiana que terá lugar entre o venres e o domingo. Esta mañá presentouse oficialmente este evento que espera converterse nunha das grandes citas do verán tudense. Un festival que combinará espectáculos, recreacións históricas e actividades de deporte.
    8 min
  • Noticias 13.30h - Venres, 26 de agosto de 2016
    A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste venres, 26de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
    - Mañá arrancan as Festas da Vixe da Rocha en Caldelas.
    - "Os Pingüíns de Madagascar pechan as xornadas de cinema de verán en Tui.
    - Charla - coloquio na Aula Uned de Tui sobre a memoria histórica
    - A Consellería de Educación renovará a cuberta do ximnasio do CPI Suárez Marquier do Rosal
    - Aprobadas as expropiacións para ampliar a PO-353 no Rosal entre Pancenteo e Marzán
    - A partir do luns os menores de 19 anos viaxarán de balde no transporte metropolitano interurbano.
    - De Vacas actuará hoxe na Praza do Reló da Guarda
    - X Festival de Bandas "Vila da Guarda" mañá sábado a partir das 20:00
    - A Festa do Percebe espera servir 1.500 racións entre hoxe e o domingo na Guarda
    - III Andaina Nocturna de Eirás
    - Roi Casal chega a Tomiño co seu "son galego, son cubano"
    - Fin de semana de Balonmán no Rosal
    ...
    27 min
  • A Garda Civil incauta unha plantación de marihuana en Tomiño.
    No día de onte a Garda Civil incautou 13 plantas de marihuana no municipio de Tomiño, 4 de tamaño medio e 9 grandes, segundo indican fontes policiais. En concreto, as de tamaño medio estaban cultivadas en maceteiros namentres que as mais grandes atopábanse nun terreo graduado cun sistema de rega mediante goteo.
    1 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…