A bandeira de Tui co escudo viaxa xa en forma de selo pola xeografía nacional e internacional. Trátase dun selo privado cun custe de 1,20€ que foi solicitado á Dirección Xeral de Correos polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense. Así o explicaba o Carlos Pérez Fonterosa quen indicaba que ante gran demanda rexistrada teñen que solicitar xa unha nova emisión do mesmo.
O grupo Filatélico Tudense traballa xa na solicitude dun novo selo sobre a Eurocidade plasmando un debuxo do ano 1500 de Duarte Damas, pero o que lles falla aínda a cor que desexan.
A Catedral, San Telmo, a Ponte Internacional e o Pai Salvado foron obxecto xa dunha folla bloque de selos, e outro da Ponte Internacional.
Estes cinco primeiros selos están esgotados e de seguro que son gardados coma ouro en paño polos coleccionistas.