O Club Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana subcampeón de España de verán con 1.525 puntos, por detrás do Náutico de Sevilla con 1.612 e seguido do Breogán do Grove no terceiro posto.
Amais os de Tui foron segundos na clasificación xeral da Liga Nacional de Pista Hernando Calleja, venceu na Copa do Rei e foi terceiro na Copa da Raíña.
Gabriel Campo Pavón foi un dos padeeiros destacados ao sumar catro medallas. Valorou en declaracións á Radio Municipal de Tui estes resultados e falou da próxima cita competitiva: o campionato galego esta fin de semana.