Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • O Peche - O P.N. do Monte Aloia, exemplo de boa xestión e conservación
    Hoxe, no que unha vez máis tivemos que falar das vagas de lume que queiman indiscriminadamente o noso patrimonio natural, toca saír na defensa do monte galego, reflexo da nosa identidade. E en Tui, temos o orgullo de contar co primeiro parque natural creado en Galicia e exemplo de boa xestión e conservación. O Aloia foi xa en 1935 declarado sitio de interese natural e Parque Natural en decembro de 1978, soamente hai seis mais en toda Galicia. O Aloia non da a espalada a Tui e aos seus habitantes, senón que foi berce dos propios asentamentos humanos. Conta xa con asentamentos paleolíticos e megalíticos amais da citania castrexa do Alto dos Cubos ou os petróglifos da Macoca. Quizais foi punto escollido polas suas impresionantes vistas que devolven unha sorisa ao visitante despois do duro ascenso.
    5 min
  • Este sábado as piraguas toman o Miño con 1300 participantes entre o Descenso Internacional e o Popular
    Este sábado, 13 de agosto, celébranse o Descenso Internacional e o Descenso Popular do Miño no que participarán máis de 1300 persoas. A primeira cita será ás 16h coa saída do Descenso Popular dende Caldelas no que se agarda unha participación de preto de 800 persoas. Esta noite péchase a inscrición, podendo facerse xa só con piragua propia e ata esta mañá tiñan 729 inscritos. Os participantes terán que percorrer os preto de 5 quilómetros que hai ata o casco urbano no entorno do Centro Interfederado. A segunda cita é ás 18.30h coa saída do Descenso Internacional do Miño dende Salvaterra, a carón da ponte internacional. A saída dende terra, con 550 padeeiros e as súas embarcacións tanto de canoa coma de kaiak individuais e dobre, será todo un espectáculo deportivo. Afrontarán os 16 quilómetros que hai ata Tui. Os detalles desta 45 edición foron dados a coñecer esta mañá na instalacións do Kaiak Tudense, club organizador. Recollemos un fragmento das intervencións do alcalde de Tui, o director técnico do Kaiak Tudense, o director de deportes da FEGAPI, o concelleiro de Deportes de Tui, o xefe territorial de Deportes da Xunta e a deputada de Deportes.
    4 min
  • #OPeche |Os nomes mais populares en Tui. Haberá algún Lobo?
    A pasada semana lembrarán que vivimos unha intensa polémica despois de que os pais dun cativo de Fuenlabrada quixeran inscribir o seu fillo co nome de Lobo. Os funcionarios do rexistro negáronse, aínda que mais tarde o director xeral dos Rexistros e do Notariado, Javier Gómez Gálligo, anunciou que si se lles permitiría finalmente rexistrar ao cativo como Lobo.
    A polémica puxo de manifesto os cambios sociais que levan tamén ao cambio nos nomes máis empregados pola poboación.
    4 min
  • Arde Portugal: Máis de 200 incendios no país veciño durante a fin de semana
    Aínda son visibles arestora en Tui e Baixo Miño as nubes de fume dos incendios que asolan Portugal. O norte do país luso viviu un fin de semana en alerta máxima e ateigado de lumes forestais nunha situación que o secretario de Estado de Interior portugués, Jorge Gomes, definiu de “moi crítica”.
    Durante a fin de semana, dende o venres e até o domingo, soamente no distrito de Viana do Castelo rexistráronse máis de 40 incendios ou conatos de incendio. Incendios que causaron un fume que foi especialmente visible na tarde do domingo na comarca do Baixo Miño.
    3 min
  • OPeche | Os campións tudenses listos para os Xogos de Río
    Enrique Miguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Area, Jesús González, Frank Casañas e agora tamén Óscar Carrera. Todos eles levan o nome de Tui polo mundo grazas a súa participación nunhas Olimpíadas.
    Hoxe, nunhas horas, arrancan oficialmente os primeiros xogos olímpicos que teñen lugar no continente suramericano. E Tui estará representado por dous dos seus atletas máis internacionais. Volve Frank Casañas co lanzamento de disco, e Óscar Carerra, que participará en K-4 1000 metros.
    6 min
  • #OPeche |O romántico zoar que se traduce nunha pandeira
    Escoitamos o zunir da lixa contra a xarota madeira que paseniñamente vaina domando ata facer dela un instrumento, a pandeira. É un son que non é habitual no Música no Claustro que se celebra en Tui pero que cos obradoiros de Xaneco e Verónica Moar simboliza o dialogo interdisciplinar entre artesanía, arquitectura e música. Un traballo manual pero con gran romanticismo ao dar forma a un instrumento case desaparecido da música contemporánea.
    5 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…