Fai 125 anos, o 24 de xuño de 1891, o Teatro Principal de Tui acollía un evento único que pasaría a historia como un fito fundamental para cultura e a lingua galega: Os Xogos Florais de Galicia.
Na Radio Municipal de Tui sumámonos á homenaxe que este venres celebrará o Concello de Tui con motivo deste aniversario. Hoxe pechamos o informativo con dous dos poemas dos rapaces do CEIP Nº1 de Tui que nos demostran que con 10 anos tamén se pode facer poesía en galego.