Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Ana Mafalda Castro e Pedro Sousa - Concerto do ensemble de música antiga da ESMAE no IKFEM
    Ás dez da noite terá lugar un concerto co ensemble de música antiga da Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo do Porto. Integran o grupo Magna Ferreira, cantante; Pedro Sousa, frauta; Hugo Sanches, laúde; Xurxo Varela, viola dei gamba; Ana Mafalda Castro, clave, na Igrexa San Estêvão da fortaleza de Valença con repertorio de Bartolomeo dei Selma e Salaverde, Giacomo Carissimi, Girolamo Frescobaldi, Henry Purcell, Mathew Locke, e Handel. Hoxe falamos con Ana Mafalda Castro e Pedro Sousa.
    6 min
  • Editados 30 mil exemplares dun mapa turístico do Baixo Miño
    30.000 exemplares dun mapa despregable con información dos puntos de interese turístico do Baixo Miño son os que vén de editar a Mancomunidade do Baixo Miño. O obxectivo é promocionar o patrimonio natural, etnográfico, arquitectónico, cultural, arqueolóxico e panorámico dos cinco concellos: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Contounolo a alcaldesa de Oia e presidenta da Mancomunidade, Cristina Correa
    1 min
  • #OPeche |Galicia é olímpica
    A dez días do comezo das Olimpíadas de Río, recollemos a proposta de do xornalista galego Álvaro Alonso nun libro que recolle as reflexións dos mellores deportista galegos que participaron nalgunha das olimpíadas comezando o repaso por Atlanta 1996.
    6 min
  • Hoxe comeza o IV IKFEM
    Hoxe comeza o IKFEM e faino con dobre proposta. Ás 19.30h na Igrexa de San Domingos en Tui ofrecerán un concerto os alumnos de piano e acordeón da Academia de Música da Fortaleza de Valença e do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Logo ás 22h celebrarase a gala inaugural no auditorio da Quinta da Mota con concerto de María Ana Bobone. Falaron destes eventos na nosa sintonía os directores dos dous centros de estudos musicais, Ibonne Riveiro e Rubén López, e a directora do festival Andrea González.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…