Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Obras de reasfaltado e repitando na rotonda de Guillarei
    Hoxe comezaron as obras de reasfaltado e repintado na rotonda entre a PO550 e PO404 en Guillarei, ás que seguirán o pintado da sinalización horizontal en todo o casco urbano unha vez dende o concello se contan cos permisos e autorizacións pertinentes. O explicou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
    2 min
  • A bandeira e o escudo de Tui recollidos nun selo
    A bandeira de Tui co escudo viaxa xa en forma de selo pola xeografía nacional e internacional. Trátase dun selo privado cun custe de 1,20€ que foi solicitado á Dirección Xeral de Correos polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense. Así o explicaba o Carlos Pérez Fonterosa quen indicaba que ante gran demanda rexistrada teñen que solicitar xa unha nova emisión do mesmo.
    O grupo Filatélico Tudense traballa xa na solicitude dun novo selo sobre a Eurocidade plasmando un debuxo do ano 1500 de Duarte Damas, pero o que lles falla aínda a cor que desexan.
    A Catedral, San Telmo, a Ponte Internacional e o Pai Salvado foron obxecto xa dunha folla bloque de selos, e outro da Ponte Internacional.
    Estes cinco primeiros selos están esgotados e de seguro que son gardados coma ouro en paño polos coleccionistas.
    2 min
  • O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse coa conselleira para falar da VAC Tui-A Guarda
    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuníronse o pasado martes12 de xullo para abordar as demandas do rexedor guardés con respecto a Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda.
    Tralo encontro, Antonio Lomba móstrase satisfeito por poder trasladarlle a conselleira a demanda de construción dunha vía que define como “urxente”. O rexedor está esperanzado co compromiso de Ethel Vázquez para trazar un plan de investimentos, aínda que é suspicaz pola proximidade das eleccións galegas. A Conselleira anunciou a licitación para o proxecto técnico do enlace co polígono de Areas, e unha partida nos orzamentos do vindeiro ano para o tramo I Tui-Tomiño. Pero quedou, iso si, sen data, o tramo II que enlazaría coa rotonda de Goián.
    3 min
  • A AECT Río Miño poderá ser unha realidade en 2017
    A AECT Río Miño será unha realidade en 2017. A pasada semana no encontro mantido entre o deputado Uxío Benítez, e o presidente da Cámara de Viana do Castelo e do CIM Alto Minho, José María Costa, pechouse a negociación dos estatutos desta agrupación europea de cooperación territorial que agora serán levados para a súa aprobación aos plenos do CIM Alto Miño o día 28 e da Deputación o 29. Así o explicou Uxío Benítez.
    O seguinte paso será a súa remisión ao goberno de Madrid e Lisboa para a súa aprobación e constitución formal da AECT.
    A constitución desta agrupación será un paso histórico para a cooperación tranfronteiriza en palabras de Uxío Benítez.
    3 min
  • O filme "Os fillos do Sol" grávase parcialmente en Tui
    Dende primeira hora de esta mañá a antiga ponte internacional de Tui-Valença está cortada pola gravación dunha película producida pola TVG e Televisió de Catalunya. O filme está baseado nos acertos e tropezos de Ramón Obella, o primeiro catedrático de Química Orgánica da USC que tivo que fuxir tras o estalido da Guerra Civil e os irmáns empresarios José e Antonio Fernández para montar o alicerce do que sería a farmacéutica porriñesa Zeltia. En Tui, gravan hoxe a chegada de Obella a Tui nos anos 40 onde pasaría polo cárcere despois de que a ditadura franquista lle despoxara da súa praza como profesor na USC.
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…