Máis de 120 alumnos dos CEIP’s nº1, nº2 e de Pazos de Reis van participar na Aloiada 2016 que propiciará xornadas de convivencia entre os escolares con práctica deportiva en plena natureza. Aínda que inicialmente estaba prevista para este xoves e venres, ante a previsión de choiva, foi adiada para o próximo luns 20 e martes 21.
A novena edición da Aloiada foi presentada esta mañá na casa do concello. Escoitamos ao concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, a directora do CEIP nº1, Cristina Novoa, o director do CEIP nº2 Luis Ruíz, e aos profesores de educación física, Fernando Domínguez, ,Alberto López e Beatriz González, así coma o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro,