Tui mantense en maio como o quinto punto de saída favorito para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago. En particular, 1.122 peregrinos saíron dende Tui con destino a Santiago de Compostela. Namentres Sarria foi a escolla máis popular, por diante de Saint Jean Pied de Port e Porto, que ocupa o terceiro lugar, segundo os datos facilitados pola Oficina do Peregrino.
No conxunto, a Oficina do Peregrino recibiu a case 33.000 persoas, o que supón un aumento do 5% con respecto a maio do ano pasado. O camiño portugués establecese como o segundo con maior número de peregrinos, con un 20% do total. A maioría optou por facer a peregrinación a pe, un 90% elixiu esta opción.