A Cámara de Comercio de Tui en colaboración con Abanca inician unha campaña de recollida de alimentos e fondos a favor do Banco de Alimentos de Vigo que tamén se repartirán no Baixo Miño. En total, 20 empresas da demarcación de Tui participan nesta campaña na que se instalarán caixas nos negocios nos que os traballadores e os clientes poidan colaborar entregando alimentos non perecedoiros.
Abanca colaborará coa iniciativa “únete ao proxecto solidario” que dende hoxe e até o vindeiro 7 de xuño, nas oficinas de Porriño, Tui, Tomiño, Salceda, Oia, A Guarda e O Rosal, traballadores e clientes poderán realizar un ingreso de 10, 20 ou 25 euros que se corresponde con cestas infantís, básicas ou completas que se entregarán ao Banco de Alimentos. Amais, existe a posibilidade de realizar unha transferencia ao Banco de Alimentos de Vigo na conta que ten aberta na entidade (ES47 2080 5066 7930 4002 9059) .