O próximo mes de maio comezarán a executarse unha serie de obras por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil nos ríos Louro, Miño, Tamuxe ou Tea, entre outros, afectados polos temporais de xaneiro e febreiro. Trátase da eliminación de tapóns de restos vexetais, restauración de marxes erosionadas e defensa das mesmas, rozas, retirada de acarreos, sedimentos e residuos, co obxectivo de restituír a capacidade de desaugadoiro das canles afectadas, cun investimento de case 400 mil euros. Así o explicou o presidente da CHMS, Francisco Marín.