Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal estrea nova sede
    Ás 12:00 deste mediodía inaugurouse no Rosal o novo edificio da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal situada no edificio da Cámara Agraria. No acto, estiveron presentes o presidente de ACOR, Pablo Álvarez, o alcalde, Jesús María Fernández Portela, o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, e diferentes representantes do Concello e do ámbito empresarial.
    1 min
  • Hoxe presentouse a programación cultural de verán da Guarda
    Esta mañá presentouse a Axenda de Verán da Guarda co programación de actividades dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Á presentación estiveron convidadas as comisións de festas e os diferentes colectivos culturais do Concello.
    No tocante á programación do Concello, destaca a exposición “Camiños da Imaxe”, con fotografías dos anos 20 da Guarda, repiten as noites no Castelo e os Diálogos en Educación. Haberá actividades para tódolos públicos e en diferentes horarios para que todos os veciños do concello e da comarca poidan participar deles. Una axenda cultural que a concelleira de Cultura da Guarda, Elena Baz, define como “de referencia na comarca”.
    2 min
  • REPORTAXE | Solidariedade da man dos libros en Tui
    Trocar un quilo de alimentos por un libro. Esa foi a proposta solidaria que dende o CRA Mestra Clara Torres trasladaron aos tudenses. Esta mañá, na praza da Inmaculada, decenas de libros amoreábanse á espera dun novo dono que consumira as súas verbas. A directora do CRA, Teresa Domínguez, explicábanos a media mañá que xa conseguirán 60 quilos de comida á vez que outros tantos libros tiñan un novo dono.
    4 min
  • Tui está presente en Festur
    Dende hoxe e até o domingo Tui está presente en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico, que celebra a súa terceira edición en Silleda coincidindo coa 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, daba conta da oportunidade que supón esta feira para promocionar turítsicamente a cidade.
    1 min
  • Esta fin de semana celébrase o Festival Gastronómico Sabores Serranos de Valença
    As tasquinhas, con tapas tradicionais relacionadas cos produtos do porco, serán o epicentro gastronómico de Valença este venres e sábado. Aqueles que se acheguen ao Parque de São Sebastião, en São Julião, poderán saborear a partir das 12:00 do mediodía dun bo xamón serrano, chourizo. ourella ou do caldo verde de Valença, unha das 7 maravillas gastronómicas de Portugal.
    2 min
  • Declaracións Santiago Rodríguez, voceiro PP Salceda - Pleno orzamentos e expediente recoñecemento de créditos
    Santiago Rodríguez, do PP, explicou que a situación non é nova con respecto ao expediente de créditos, pero neste caso o importe é moi elevado xa que ascende a 640 mil euro, e vén por inflar as partidas de ingresos, e pola modificación realizada no orzamento municipal. Sobre este asunto avanzaba que realizarán unha convocatoria pública para explicar ao seu posicionamento. Sobre os orzamentos aínda que recoñecía que recolleron algunha proposta popular, considera que son mellorables axustando os gastos, por exemplo nas partidas de protocolo e salarios. Indicaban que dende o PP seguen abertos ao dialogo pero piden rigor nas contas, transparencia no diálogo e sumar entre todos en beneficio de Salceda de Caselas.
    6 min
  • Declaracións Verónica Tourón, voceira socialista de Salceda - Pleno orzamentos e recoñecemente do créditos
    A voceira do Partido Socialista de Salceda, Verónica Tourón, explicou a súa postura no pleno de onte. Non aprobaron o expediente de recoñecemente de créditos porque demandan unha reunión das tres forzas políticas para marcar unhas liñas de futuro. Piden o cumprimento da lei de contratos, o pago das facturas por orde e consultar coa oposición os gatos extras importantes que habería que levar a expediente de créditos. Sobre os orzamentos municipais lamentaba que non se tiveron en conta as emendas presentadas polos socialistas coma dotar de consignación de crédito suficiente a partidas de gastos correntes que logo hai que aboar vía recoñecemento de crédito, ou consignar a partida para continuar co pago das expropiación do parque Raíña Aragonta para todos os propietarios e non só a igrexa.
    4 min
  • Ent. Manuel Arca, oficial da Policía Local de Tui - Malestar co 112
    Malestar na policía local de Tui polo funcionamento do 112 logo de que o pasado venres non recibiran aviso de que fora atopado no Miño en Tui o corpo sen vida o veciño de Salceda. Os axentes trasladáronse igualmente ata o Paseo Fluvial para regular o tráfico na zona. Manuel Arca, oficial da Policía Local explicaba os feitos.
    Esta non é a primeira ocasión en que non son avisados polo 112 dun suceso ou emerxencia na cidade, xa que en repetidas ocasión ten acontecido o mesmo durante os últimos dous anos. Por este motivo teñen xa trasladado a súa queixa
    Por outra parte Manuel Arca deu conta das incidencias rexistradas na fin de semana.
    4 min
  • REPORTAXE | Os estudantes tudenses, mostra de solidariedade e inclusión
    Coma a mellor mostra da educación inclusiva na diversidade e na tolerancia, o libro de poesías editado por estes rapaces e rapazas, estudantes do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui, está destinado a recadar a maior cantidade posible de cartos para a asociación de Autismo Baixo Miño 1 Máis, a quén se doará o 100% do beneficio das vendas. E dicimos que é unha gran mostra da educación na tolerancia posto que son precisamente Sara, Jonás, Lois, Aroa, Cristina, María e o resto dos seus compañeiros os que ao convivir e xogar diariamente con rapaces con autismo no seu colexio déronse conta das súas necesidades especiais e puxeron todo o seu empeño para axudalos.
    4 min
  • Dous países, dúas cidades, unha ponte... na Eurocidade 10
    Este domingo, 12 de xuño, celébrase a V Eurocidade 10, un evento único que percorre dous páises, dúas cidades, unha ponte internacional... para completar 10 quilómetros. Está organizada polo Club Atletistmo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença. A presentación realizárona hoxe o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, vareador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do Club Atletistmo Tui-Thermalia, Rafael Pérez. A inscirción está aberta ata este mércores ás 23.59h. Máis información en https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…