Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Amplíase o operativo de busca de David Fernández, 'Michi'
    O Comandante Naval do Miño, Enrique García, deu conta do avance dos traballos no sexto día de busca do músico salcedense David Fernández, Michi, que desapareceu a pasada noite do venres en Lapela (Monçao). O operativo dirixido polas autoridades lusas e españolas, e no que participan 24 mergulladores, buques portugueses e españois e drons da AXEGA, ampliou hoxe a zona de búsqueda na canle do río. Enrique García quixo así mesmo agradecer e pedir prudencia aos voluntarios que axudan no operativo.
    3 min
  • Este sábado celébrase a I Festa do Pan de Porriño
    Os españois consumiron no ano 2015 máis de mil cincocentos millóns de kilos de pan e, non en van, Galicia é unha das comunidades con maior consumo.
    Achegámonos hoxe a O Porriño, onde gozan dunha experiencia histórica no amasado deste produto e aínda que pareza estraño estamos de estrea porque non festexaban o seu produto máis importante. Até agora. Este sábado celebran a I Festa do Pan do Porriño, unha tradición panadeira que se remontan na vila até comezos do século XIX.
    4 min
  • REPORTAXE |Tui, quinto destino favorito para comezar o Camiño de Santiago
    Tui mantense en maio como o quinto punto de saída favorito para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago. En particular, 1.122 peregrinos saíron dende Tui con destino a Santiago de Compostela. Namentres Sarria foi a escolla máis popular, por diante de Saint Jean Pied de Port e Porto, que ocupa o terceiro lugar, segundo os datos facilitados pola Oficina do Peregrino.
    No conxunto, a Oficina do Peregrino recibiu a case 33.000 persoas, o que supón un aumento do 5% con respecto a maio do ano pasado. O camiño portugués establecese como o segundo con maior número de peregrinos, con un 20% do total. A maioría optou por facer a peregrinación a pe, un 90% elixiu esta opción.
    5 min
  • Sete festivais de música en Pontevedra que non podes perder!
    Comeza o mes de xuño, o sol e a calor… e tamén a música, que será a protagonista do verán nas Rías Baixas. Son sete os festivais que a Deputación de Pontevedra vén de presentar dentro do programa RiasBaixasFEsts e que contará cunha intensa promoción na que participarán os tudenses Best Boy.
    4 min
  • Reportaxe |Día Mundial sen Tabaco
    Hoxe, 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Para coñecer se os tudenses son quen ou non de deixar este hábito saímos á rúa, e foi ben complicado atopar a xente fumando. En plena corredoira, rodeados de xente, foi case que imposible dar con fumadores.
    4 min
  • O equipo redactor do PEPCHA visitará a próxima semana as vivendas do conxunto hº
    Co obxectivo de completar a documentación sobre patios, escaleiras e outros elementos singulares a próxima semana o equipo redactor do PEPCHA, visitará as vivendas do conxunto histórico de Tui. Por este motivo a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, sinala que sería moi interesante que o equipo redactor puidese acceder ás vivendas para así poder completar a documentación e seguir avanzando na tramitación do PEPCHA. Explicou amais á RMT en qué momento se atopa o plan especial.
    2 min
  • O IES Indalecio Pérez Tizón acolle as Xornadas Tecnolóxicas organizadas por APETEGA
    Hoxe venres e mañá sábado celebranse no IES Indalecio Pérez Tizón as Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA. Victoria Alonso, unha das coordinadoras da actividade, explicou que se trata da edición número quince cuxo obxectivo é ofrecer ao profesorado de secundaria con obradoiros e prácticas relacionados coas novas tecnoloxías, a robótica, a programación e outros eidos da innovación aplicada ao ensino.
    Serán eminentemente prácticas e os coñecementos adquiridos trasladaranse nas próximas xornadas ás aulas. No programa figura tamén unha visita turística a Tui.
    1 min
  • Este domingo celébrase a VIII Carreira de Amorín - Carreira pola integración. Gotas para Níxer.
    Este domingo ás 11h diante da igrexa parroquial de Amorín terá lugar a saída a VIII Carreira Popular de Amorín - Carreira pola integración - Gotas para Níxer. Xosé María Regueiro, presidente da AAVV Amorín, daba conta da componente solidaira da carreira.
    Explicaba asemade coma vai ser a carreira, na que agardan entorno a 350 participantes. No desenvolvemento da carreira estarán o domingo máis de 70 voluntarios cunha vintena de entidades colaboradoras. www.damorin.es
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…