O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou de xeito moi postivo o acordo acadado onte en Vigo sobre a posta en marcha da Área Metropolitana que comezará sendo unha Área de 14 concellos, e a continuación se ampliará aos 14 máis que se queren incorporar, entre eles o de Tui, sumando así un total de 28 municipios.
Enrique Cabaleiro indicaba que Tui estará nesta Área Metropolitana o que é sumamente importante, segundo dicía, por investimentos estratéxicos coma en infraestruturas ferroviarias.