Mañá ás dez da mañá na Casa da Cultura de Mougás, en Oia, vaise constituír a primeira asociación de resineiros de Galicia, AREGA, que parte con quince asociados.
Esta asociación de resineiros de Galicia busca chamar a atención das autoridades autonómicas para se se regule claramente este aproveitamento, divulgar os beneficios do resinado dos piñeiros e servir como interlocutor válido ante propietarios, administracións e outros colectivos relacionados co monte, para que se desbloquee a situación de parálises na que Galicia está con respecto a este aproveitamento que pode marcar un "antes e un despois" no sector forestal galego.
José Antonio Rodríguez Puga, é confundador de AREGA.