Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Presentado o XII Play-Doc que se celebrará en Tui do 13 ao 17 de abril
    Unha programación ampla e diversa con 45 documentais en proxección e outras actividades é a que ofrece o XII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc que se vai celebrar en Tui do 13 ao 17 de abril.
    Foi presentado esta mañá polos seus directores Sara García e Ángel Sánchez, xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado de Cultura, Xosé Leal, e o director da AGADIC, Jacobo Sutil. Recollemos nesa orde un fragmento das súas intervencións.
    5 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Ruta do pincho da Lamprea do Miño
    Catorce restaurantes da Guarda ofrecerán esta fin de semana e a próxima un pincho de lamprea con preparacións tanto tradicionais coma novidosas ao prezo de 2€. Será dentro da III Ruta do Pincho da Lamprea do Miño que foi presentada esta mañá no Museo do Mar.
    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deunos conta de todos os detalles desta iniciativa gastronómica.
    6 min
  • Recepción ás autoridades de Versmold no Concello de Tui
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a outros membros da corporación municipal recibiu esta mañá na casa do concello ao alcalde de Versmold Michael Meyer-Herrmann, ao vicealcalde, Horst Hardiek e a técnica encargada dos irmanamentos Jessica Schäperkötter. Hoxe rematan a súa estadía en Tui, onde tiveron a oportunidade de coñecer as festas de San Telmo, o patrimonio cultura, histórico, monumental e gastronómico. Deste xeito séguense incrementando os lazos entre as dúas cidades irmanadas dende hai tres anos.
    2 min
  • Balance positivo da 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño
    José Cosmed, presidente de Acubam, realiza un balance positivo da 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que na fin de semana se celebrou no pavillón de Goián. A feira dicía marco un antes e un despois ao dar o paso cara a súa internacionalización. Amais foi importante a visita de público profesional, a asistencia ás xornadas, e a presenza o domingo da conselleira do Medio Rural. Tamén deu conta das novidades que máis chamaron a atención na feira.
    3 min
  • Unha guía e un portal web, claras apostas da Mancomunidade do Baixo Miño para potenciar o turismo
    A Mancomunidade do Baixo Miño vén de pór en funcionamento un portal turístico destinado a todas aquelas persoas que escollen a comarca como un destino en conxunto. A través dunha web totalmente interactiva, http://baixomino.com/ o usuario pode coñecer dunha forma sinxela e visual as propostas patrimoniais e paisaxísticas da comarca. A presidenta da Mancomunidade do Baixo Miño e alcaldesa de Oia, Cristina Correa, explicou que todos os concellos se uniron no obxectivo de ofrecer esta páxina web, e cara ó periodo estival acompañarase esta proposta de guías en soporte papel.
    2 min
  • Máis de 120 participantes no I Torneo Randufe Futsal
    Máis de 120 xogadores daranse cita mañá e o venres no I Torneo Randufe Futsal organizado polo Randufe Fútsal, en colaboración co Concello de Tui. Será no pavillón deportivo municipal novo e no pavillón deportivo do CEIP de Randufe tal e coma explicaba Javier Reboreda, organizador do evento na RMT
    3 min
  • Este sábado O Rosal acollerá unha andaina polos Muíños do Folón e do Picón
    Este sábado terá lugar a andaina polos muíños do Folón e do Picón, que dará a coñecer a canteira preto dos muíños de Calán, a mámoa do Alto dos Muíños do Picón e o castro do Picón. José Álvarez Alonso, organizador da andaina, contounos que o punto de encontro será no muíño de información do Picón ás 15.30h. A andaina é de balde, será de dificultade media e dura aproximadamente 3 horas. Os interesados poden inscribirse no Concello do Rosal.
    1 min
  • O luns comeza a VIII Semana de Teatro Afeccionado
    O próximo luns, 28 de marzo, comeza a VIII Semana de Teatro Afeccionado no Teatro Municipal de Tui coincidindo coas festas #SanTelmo2016. Foi presentada esta mañá no Concello pola concelleira de Cultura, María José González, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e os representantes dos grupos de teatro de Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, Atalaia, Areas, e Malvas.
    4 min
  • O Festival Play-Doc, en irmanamento co Sinsal, trae as actuacións de Da Chick e Youthless
    O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, que se celebra do 13 ao 17 de abril en Tui, levará nesta edición ao escenario do Metropol, o sábado 16, as formacións Da Chick e Youthless da man do Festival Sinsal Son Estrella Galicia, festival irmandado con Play-Doc. Vencellado co Sinsal, contaba Ángel Sánchez, co-director do festival, que amosarán o filme de Alexandre Cancelo, "Tres días, un barco, auga".
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…