Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Reunión informativa para a captación de novos socios para a Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño
    Ás sete e media desta tarde na Casa da Cultura de Tomiño, a Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño celebra una xornada informativa para captación de socios con respecto á estratexia local participativa do novo Programa Leader Galicia 2016-2020.
    A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño é a entidade responsable da elaboración da Estratexia Local Participativa para o novo Leader no territorio da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e Baixo Miño. Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento explicou a quen vai dirixida a reunión.
    4 min
  • O alcalde de Tui salientou que as festas deben plasmar os aspectos singulares que nos definen coma concello,
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado polo equipo de goberno ao completo, foi esta mañá o responsable da presentación das Festas de San Telmo 2016. O rexedor tudense destacou na súa intervención que “en pleno século XXI unha entidade pública ten que asumir a organización das súas festas patronais” ao tempo que considera que “se tiñan que reconducir a termos de legalidade administrativa algunhas actuacións como cobrar as taxas por ocupación de vía pública”. Esta organización indicaba que supuxo un esforzo importante para as distintas concellerías. Entre as premisas baixo as que se asumiu a elaboración das festas estivo o carácter popular e a súa celebración na rúa, e a recuperación dalgunhas tradicións. Buscouse plasmar “os aspectos singulares que nos definen coma concello, que sirvan de ventá ao mundo, ao turismo e de escaparate co que nos poidamos presentar”. Con respecto ao acto que marca o inicio das festas, a lectura do pregón, terá marcado carácter institucional centrado na recuperación da memoria colectiva a través da fotografía. Concluía o rexedor que con este programa “se inicia un proceso de transformación que continuará en próximas edicións”.
    1 min
  • O patrimonio histórico, natural e gastronómico protagonista no novo material turístico de Tui
    Onte presentou en rolda de prensa o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, os seis dípticos e a guía turística elaborados polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015, no que turistas, peregrinos e veciños poden coñecer a través deste novo material a ampla oferta turística que ofrece Tui, dende o seu patrimonio histórico e natural, ata a gastronomía e restauración da cidade.
    3 min
  • O Kaiak Tudense proclamouse Campión de España de Inverno
    O Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana Campión de España de Inverno por décimo primeira vez consecutiva, e suma 21 títulos nacionais na súa historia. O presidente do Kaiak Tudense, José Luís García, daba conta do desenvolvemento desta competición e avanzaba os novos retos para esta temporada.
    4 min
  • A Feira do Viño do Rosal vén de ser declarada polo consello da Xunta de interese turístico galego
    A Feira do Viño do Rosal vén de ser declarada polo consello da Xunta de interese turístico galego.
    O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, salientou a satisfacción por esta noticia, que cualificou de moi importante porque supón un avance grande para a Feira do Viño e a súa proxección e consolidación, ao tempo que permitirá acceder a unha nova liña de axudas.
    Celebrarase o 16 e 17 de xullo, están xa traballando na súa organización.
    1 min
  • Sección Oficial de Play-Doc 2016
    Cinco películas competirán este ano na sección oficial de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui que se celebrará do 13 ao 17 de abril.
    O xurado encargado de outorgar o premio deste ano está formado por a realizadora afroamericana Akosua Adoma Owusu; a directora artística do festival Pravo Ljudski de Sarajevo, Kumjana Novakova; e o responsable do seminario internacional Doc's Kingdom, Nuno Lisboa.
    Haberá novidades este ano na sección Resonancia, que contará cun premio.
    Contounolo Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc
    5 min
  • Ent. Ángel Sánchez, director de Play-doc- Seminario a cargo de Paulino Viota
    O Festival Internacional de Documentais Play-Doc continúa este ano coa fórmula do crítico-cineasta iniciada na edición pasada, e acolle o prestixioso autor español Paulino Viota. O santanderino presentará o seu filme Contactos (1970). A inscrición a este curso custa 30 euros.
    Ademais, como contaba Ángel Sánchez, o festival contará coa presenza de Doc's Kingdom, prestixioso seminario de documental internacional.
    2 min
  • Peche da rúa Sanz por afundimento no firme
    A rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui, está pechada debido a que se rexistrou o afundimento dunhas pedra, posiblemente por unha fuga de auga. O problema está en que baixo as pedras poden haber un oco grande, e hai que valorar o alcance. Así nolo contou a concelleira de Patrimonio, Carme Núñez, quen sinalou que . Unhas veciñas deron a voz de alarma.
    1 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…