Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Na V Eurocidade BTT agardan superar os 1000 participantes
    Na presentación do calendario deportivo da Eurocidade o director técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, citou que o obxectivo este ano é superar os mil participantes nesta proba que se vai celebrar o 6 de marzo. Este ano ofertan de novo dous percorrido de 45 e 69 kms con novos traxectos.
    3 min
  • O calendario deportivo da Eurocidade é o máis importante transfronteirizo da península segundo o alcalde de Tui
    Enrique Cabaleiro, destacou que o calendario deportivo que se presenta “é o máis importante e máis intenso de carácter transfronteirizo que existe na península ibérica, e pode que en Europa poucos exemplos similares se poden dar”. Isto é así segundo o rexedor tudense por unha banda pola iniciativa social importante dedicada ao deporte, polo patrimonio cultural e natural que ten a Eurocidade e porque se dan as condicións xeopolíticas coa marca Eurocidade consolidada.
    5 min
  • Onte presentouse a Asociación de Restauradores e Hostaleiros de Tui
    Onte presentouse a Asociación de Restauradores e Hostaleiros de Tui, que ten como principais obxectivos fomentar a formación, impulsar a profesionalidade e incentivar a busca activa de traballo. Así o anunciaron na presentación da Asociación que tivo lugar na Área Panorámica, os seus promotores, Marina Cruces, Sonia Alonso, de Tapas e Viños, Paula Álvarez, do Cruceiro do Monte, Manuel Garrido, da Tapería La de Manu e Aquilino Gregores de La Gran Manzana.
    3 min
  • Ciclo de charlas “Manual de instrucións para educar” na Guarda
    O Concello da Guarda ao través do Programa de Educación Familiar e a OMIX organizan un ciclo de charlas baixo o título de “Manual de instrucións para educar”.
    A organización destas actividade xorde do interese detectado por parte de pais e educadores sobre a educación dos fillos. O obxectivo da mesma é compartir pautas sinxelas e ofrecer un espazo de reflexión e intercambio de experiencias, para poder axudas ás nais, pais e educadores/as. Así nolo explicou Iria Alonso, educadora familiar da Guarda.
    2 min
  • Xa están inscritas 150 persoas na II Andaina Ruta Máxica- Mosteiro de Oia
    Máis de 150 persoas inscribíronse na II Andaina, Ruta Máxica- Mosteiro de Oia, organizada polo Ciclismo Oiense que se celebrará o domingo 21 deste mes. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 18 de febreiro ás 00h, e Carlos Alonso Fernández, presidente de Ciclismo Oiense, agarda que se cubran as prazas previstas, que son arredor de 200. A saída está prevista ás dez da mañá dende o aparcamento do Camping O Muiño de Mougás para realizar un percorrido de 18 quilómetros de dificultade media alta, que rematará ás 18.30h.
    A inscrición ten un prezo de 6€. Pode facer por WhatsApp no 666 609 410 ou no correo [email protected]
    3 min
  • O delegado territorial da Xunta visitou este mediodía Establecementos Cholo en Areas
    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este mediodía a empresa Establecementos Cholo en Tui.
    Establecementos Cholo está situada no Parque Empresarial de Areas e conta con tres puntos de venda en Vigo. É unha empresa cárnica que vende anualmente 1.200 toneladas de produtos e conta con 28 traballadores. O obxectivo da visita desta mañá por parte do delegado territorial foi coñecer á empresa que recibiu da Xunta, dentro da liña de achegas para industrias agrarias, 75 mil euros dos 166 mil que investiu en melloras na súa planta tudense,
    2 min
  • Mañá constitúese en Mougás a primeira asociación de resineiros de Galicia
    Mañá ás dez da mañá na Casa da Cultura de Mougás, en Oia, vaise constituír a primeira asociación de resineiros de Galicia, AREGA, que parte con quince asociados.
    Esta asociación de resineiros de Galicia busca chamar a atención das autoridades autonómicas para se se regule claramente este aproveitamento, divulgar os beneficios do resinado dos piñeiros e servir como interlocutor válido ante propietarios, administracións e outros colectivos relacionados co monte, para que se desbloquee a situación de parálises na que Galicia está con respecto a este aproveitamento que pode marcar un "antes e un despois" no sector forestal galego.
    José Antonio Rodríguez Puga, é confundador de AREGA.
    1 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…