Qué compre saber sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina; a ameaza real que supón e os colectivos máis afectados; como comportarse ante a presenza do insecto... serán parte dos contidos da charla “Stop Vespa Velutina” prevista para ás seis e media desta tarde na Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica. O presidente da Asociación Galega de Apicultores será o encargado de explicar estes e outros temas realacionados coa Vespa Velutina.
Esta conferencia está organizada polo Concello de Tui e a Asociación Galega de Apicultura. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente de Tui, convidaba, na Radio Municipal de Tui, a asistir a esta charla.