Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • A OMIX de Tomiño oferta 6 novos cursos formativos neste cuadrimestre
    A Oficina Municipal de Información á Xuventude de Tomiño vén de anunciar novas actividades formativas para este novo cuadrimestre. Trátase de cursos de linguas de castelán e galego para estranxeiros, francés no nivel intermedio, e actividades formativas sobre cultivos ecolóxicos e do programa da Xunta Iniciativa Xove, xunto o curso de monitor de tempo libre. A responsable da OMIX de Tomiño, Elisabet Pérez, deu conta destas accións.
    2 min
  • acuBAM presentou as súas actividades á conselleira
    AcuBam e o Concello de Tomiño reuníronse onte coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, en Santiago. Segundo o presidente de AcuBam, José Cosmed, o obxectivo principal da reunión foi presentar á conselleira a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, as súas actividades e a 13ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño que terá lugar os días 2 e 3 de abril. Sinalou a receptividade amosada pola Ángeles Vázquez Mejuto que comprometeu unha próxima visita ao sector.
    2 min
  • Visita institucional da presidenta da Deputación a Tomiño
    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, realizou onte unha visita institucional ao Concello de Tomiño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosou a súa satisfacción por este feito xa que esta é a primeira visita institucional dun/dunha presidente/a da Deputación a Tomiño. A Tomiño correspóndenlle de fondos provinciais 1.247.000€, un 63% máis que en 2015. Están agora a redactar os proxectos destinados a saneamento, emprego e infraestruturas escolares segundo a rexedora.
    2 min
  • Hoxe ábrese as inscricións para participar no XVIII Desfile de Carrozas e Comparsas en Salceda
    Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar no XVIII Desfile de Carrozas e Comparsas en Salceda. O desfile celebrarase o domingo 7 de febreiro. Ata este sábado 23 poden inscribirse as agrupacións salcedense e a próxima semana, do luns 25 ao sábado 30 as doutros municipios.
    Todas as comparsas admitidas recibirán entre 100 e os 700 € en función do número de compoñentes. Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías. A concelleira de Cultura de Salceda, Teresa Pérez, así se refería
    2 min
  • O delegado da Xunta e o delegado territorial de Medio Rural visitaron ás comunidades de montes de Oia e Tomiño
    Ás dez e media desta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, xunto ao xefe territorial do Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, visitarán ás comunidades de montes de Loureza e Burgueira, en Oia e Barrantes, en Tomiño. Neste encontro escoitaron as inquedanzas destas comunidades e lles presentaron as liñas de axudas da Consellería de Medio Rural, segundo explicou á RMT Miguel Pérez Dubois.
    2 min
  • Máis de 230 remeiros participarán este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación
    Corenta e dúas embarcacións pertencentes a 15 clubs españois e portugueses van participar este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación organizada polos clubs Remo do Miño e Remo Tui co apoio do Concello de Tui. En conxunto serán 238 remeiros os que compitan nesta proba de longa traxectoria en Catro Scull masculino e feminino, en Oito con temoneiro e en Oito veterano.
    A saída terá lugar ás 11.45h dende San Pedro da Torre para completar os barcos unha distancia de 6 quilómetros ata chegar a Tui. A entrega de premios está prevista ás 13h.
    1 min
  • Ent. Yolanda Rguez, concelleira de Urbanismo - Demolición casa Avda. da Concordia
    Esta mañá comezaron os traballos de desmonte da vivenda situada na Avenida da Concordia número 23 que rexistrara desprendementos á calzada polo que dende o Concello se iniciara un expediente de orde de execución. A difícil localización dos propietarios dilatou no tempo a demolición da obra para que o pasado mes de novembro a Xunta de Goberno Local outorgou a licenza. O proxecto ascende a algo máis de 10 mil euros e contempla medidas de seguridade
    3 min
  • O Concello de Tui celebrará o desfile-concurso de Entroido o luns 8 de febreiro
    Están xa accesibles na web do Concello de Tui as bases para participar no Desfile-concurso de Entroido que se celebrará na cidade o luns, 8 de febreiro. Precisamente a celebración en luns é unha das novidades que presenta este ano a convocatoria xunto á valoración no premio xeral da “actualidade” das propostas a concurso. Así nolo contaba a concelleira de Cultura, María José González
    1 min
  • A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño amplía o seu labor asistencial ás familias do Rosal
    A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño amplía o seu labor asistencial ás familias do Rosal, que se fará efectiva a partir do mes de febreiro. José Quinteiro, presidente da asociación, explicou nos nosos micrófonos que a decisión de ampliar a súa atención ó Rosal procede dunha análise das necesidades dos veciños rosaleiros. Para solicitar esta axuda, os interesados do Rosal poden dirixirse ós voluntarios da Asociación a través do teléfono 629 258 069 en horario laboral e tamén poden recoller ou entregar a documentación nas oficinas da Asociación Asistencial, nas mañás de luns e xoves, de 10:30 a 12:30 en Tomiño, na Rúa Colón s/n e en Tui, na Avda de Portugal (antiga alfándega)
    2 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión Área Metropolitana día 13 de xaneiro
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu esta mañá á reunión convocada en Vigo sobre a Área Metropolitana na que se chegou ao acordo de trasladar á Xunta que convoque tamén á reunión que proximamente celebrará para tratar sobre esta entidade supramunicipal tamén aos 7 concellos que teñen interese en forman parte da mesma entre os que está o de Tui. Amosaba o rexedor tudense a súa satisfacción por este acordo.
    5 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…