Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Actividades e cursos do Servizo de Información Xuvenil do Rosal
    O Concello do Rosal comeza o ano con novos cursos, aos que se lles suman os que están en funcionamento como zumba e pilates. Estas novas actividades trátanse dun curso de iniciación a inglés, outro de introducción á informática, curso de elaboración de confeituras caseiras, xunto con outro de coidados da pel. Amais, a concelleira de Información Xuvenil, María del Carmen Alonso, deu conta da Tarde de Encontros e das camiñadas de balde.
    3 min
  • Declaracións de Ángel Sánchez, director do Festival Play-Doc - Últimas novas do Play-Doc
    Este ano o Festival Play-Doc volta con propostas moi aplaudidas, como a sección Retrospectiva, dedicada a un autor americano, coa publicación dun libro e con Play-Doc Televisión, no que os usuarios de R poden ver as películas do festival directamente no seu televisor.
    Amais, o Festival pon en marcha por segundo ano consecutivo a sección da Crítica Resonancias, que funciona como punto de unión para a crítica cinematográfica. Así nolo contaba o seu director, Ángel Sánchez
    3 min
  • Declaracións de Raquel Pérez, axente de emprego do Concello de Oia- Programa compostaxe doméstica
    O Concello de Oia continúa este ano co programa de compostaxe doméstico, e ademais cede de forma gratuita ós veciños do municipio, un compostador para os que queiran participar no programa. Repartiranse mediante orde de entrada no Concello. A axente de emprego e desenvolvemento do Concello de Oia, Raquel Pérez, destacou que arestora levan repartidos 25 composteiros e están en lista de agarda 8 veciños máis.
    2 min
  • A fortaleza de Goián forma parte do proxecto 'Arquitectura Contemporáneas nas Rías Baixas. Espírito creativo'
    O proxecto de rehabilitación da Fortaleza de Goián, en Tomiño, é un dos seleccionados polo Colexio de Arquitectos de Galicia na nova proposta de experiencias turísticas: "Arquitectura Contemporáneas nas Rías Baixas. Espírito creativo" da Deputación de Pontevedra. Uxío Benítez, tenente alcalde de Tomiño e deputado provincial, amosou a satisfacción do Concello de Tomiño polo feito de que o Colexio de Arquitectos elixira a recuperación da Fortaleza de Goián para este proxecto.
    2 min
  • Presentado en FITUR o Open de España de Enduro BTT, BIG Ride que terá na Eurocidade a segunda proba
    A Eurocidade Tui-Valença acollerá o 21 e 22 de maio a segunda proba da Big Ride 2016. Este Open de España de Enduro de BTT foi presentado hoxe oficialmente en #FITUR2016 onde se deu conta que terá catro sedes, amais da Eurocidade acollerán este evento Ojén, Castellón de SOS e coma novidade Morella. Contono na RMT Guti Martín, de Sherpa Project, organizadores do evento.
    2 min
  • Recollida de fotografías antigas para a Mostra Mulleres na historia do Rosal
    O Concello do Rosal organiza unha exposición de fotografías antigas testemuño gráfico das mulleres. O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural. Dende o Concello solicitan a todas as persoas do Rosal, que acheguen fotografías antigas que fagan alusión ó traballo da muller. Con estas fotografías levarán a cabo unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. O prazo de presentación termina o 22 de febreiro. Sandra Alonso é a educadora familiar do Rosal
    2 min
  • A Guarda estivo presente en FITUR
    A Guarda tamén estivo onte en FITUR para manter dúas reunións unha de destinos EDEN e outra co consultor da Universidade de Barcelona que fará o expediente da candidatura conxunta da Guarda-Caminha a Patrimonio da Humanidade. Tamén aproveitaron para manter contactos con touroperadores, así coma con responsables da Xunta e doutros concellos. Así nolo contou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.
    1 min
  • O alcalde de Tui valora positivamente a presentación realizada en #FITUR2016
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva da presentación realizada onte á tarde en #FITUR2016 por ter a oportunidade dar a coñecer a marca de calidade da Eurocidade. Aproveitou para resaltar a riqueza patrimonial e natural das dúas cidade, facendo fincapé na diversidade de ocio ligada ao río Miño, a variedade da riqueza gastronómica e hostaleira.
    1 min
  • Ent. Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tren e FITUR
    Renfe non suprimirá a primeira frencuencia entre a estación de Guillarei e Madrid, así llo comunicaron hoxe ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a quen lle explicaron que se tratou dun erro informático. O rexedor tudense está arestora en Madrid onde esta tarde participará en FITUR na presentación da Eurocidade Tui-Valença, un evento que está a xerar moita expectación.
    4 min
  • Talleres de autoestima e da risa, e de constelacións familiares organizados por Érguete Baixo Miño
    En colaboración coa Asociación Érguete Baixo Miño, a psicoterapeuta Mª Jesús Alfonso Amoedo impartirá un taller de Constelacións Familiares. Trátase dunha ferramenta terapéutica que axuda a solucionar e mellorar as relacións persoais, familiares, de parella ou laborais. Terá lugar o sábado 30 de xaneiro ás 10h. Ademais ábrese o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de “Autoestima” e “Taller da Risa” que comezan en febreiro. María Jesús Rodríguez é a responsable de Érguete Baixo Miño.
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…