Hoxe ao mediodía tivo lugar a segunda concentración, levada a cabo polos traballadores do Xulgado de Tui, ante o edificio número 3 no Paseo da Corredoira. O obxectivo destas concentracións é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. Mercedes Garrido, representante dos traballadores, declarou que de momento non teñen comunicación da Xunta de Galicia. Comunicou que a Xuíz decano puxo en coñecemento do Tribunal Superior de Xustiza o estado dos Xulgados de Tui e están a espera de que a Sala do Goberno, nunha comisión mixta, tome medidas, nunha reunión que se realizará o ano próximo.
A concentración, que foi aberta á cidadanía, repetirase o vindeiro mércores 16 deste mes.