Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Valoración moi positiva do alcalde de Tui ao acordo acadado onte sobre a Área Metropolitana
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou de xeito moi postivo o acordo acadado onte en Vigo sobre a posta en marcha da Área Metropolitana que comezará sendo unha Área de 14 concellos, e a continuación se ampliará aos 14 máis que se queren incorporar, entre eles o de Tui, sumando así un total de 28 municipios.
    Enrique Cabaleiro indicaba que Tui estará nesta Área Metropolitana o que é sumamente importante, segundo dicía, por investimentos estratéxicos coma en infraestruturas ferroviarias.
    2 min
  • Turismo investirá 250 mil euros para acondicionar un espazo para a recepción de visitantes no Folón e Picón no Rosal
    O Concello do Rosal e a Dirección Xeral de Turismo asinaron este mediodía un convenio para o acondicionamento dun área para visitantes nos Muíños do Picón e do Folón, declarados Ben de Interese Cultural. A actuación suporá o investimento de 250 mil euros por parte da Xunta de Galicia. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela e a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, asinaron este mediodía o convenio que recolle esta actuación.
    O alcalde rosaleiro explicou que deste xeito dase solución a unha necesidade para a recepción de visitantes que había nos muíños, e que foi moi ben acollida pola directora de Turismo.
    2 min
  • II Gala do Deporte de Tomiño
    O Auditorio de Goián acolle o sábado, 20 de febreiro, ás 20.30hO II Gala do Deporte de Tomiño. Na mesma premiaranse aos tomiñeses nun evento que pretende ser unha festa do deporte. Renderase homenaxe a Lito Oliveira.
    Así nolo contou o concelleiro de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso.
    1 min
  • Xabier Garrido recompila nunha exposición os seus 25 anos en Oia
    Ás oito desta tarde na Casa da Cultura de Pedornes en Oia inaugúrase unha exposición de Xabier Garrido na que recompila os seus 25 anos neste concello. Poderá visitarse ata o 13 de marzo de luns a venres de 17 a 20h, os sábados de 16 a 20h e os domingos de 11 a 13h e de 17 a 20h. Os domingo ás 11h fará visitas guiadas ao municipio
    2 min
  • O MASAT expón xa o "Cabezón do Trega"
    A Deputación de Pontevedra presentou onte no MASAT, Museo Arqueolóxico do Trega, a intervención que en colaboración co Ministerio de Fomento leva a cabo en 18 xacementos da provincia, entre eles o do Trega. Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio da Guarda, destacaba a importancia destas excavacións nas que se atoparon pezas de gran interese coma o "Cabezón do Trega" que dende onte se expón no MASAT.
    2 min
  • As excavacións que se están a realizar no Trega son unha das iniciativas máis importantes neste ámbito nos últimos anos
    As excavacións que se están a realizar no Trega son unha das iniciativas máis importantes neste ámbito nos últimos anos. Así o explicou o concelleiro de Patrimonio da Guarda, Xabier Crespo, tras a presentación hoxe no MASAT, Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, tras a presentación dos traballos nos 18 xacementos da provincia dentro do protocolo entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento. O do Trega é un dos 18 xacementos obxecto deste convenio.
    2 min
  • Mañá comeza na Aula da UNED de Tui o curso Problemas de procesamiento sensorial
    Mañá comeza na Aula da UNED de Tui o curso Problemas de procesamiento sensorial nos nenos con autismo e TDHA que será impartido por Mª Pilar Blázquez Ballesteros, terapeuta ocupacional e fundadora do Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica Os Bamban.
    O curso terá lugar os xoves dende mañá ata o 10 de marzo, en catro sesión de 17 a 20h.
    Mª Pilar Blázquez explicaba cales son os obxectivos.
    O prezo da matrícula é de 25 euros e pode realizarse aínda en www.unedpontevedra.es
    1 min
  • Este ano será preciso inscribirse para as Andainas Saudabldes da Eurocidade
    Na presentación do calendario deportivo da Eurocidade o representante de Celtas do Minho, Bruno Gonçalves, salientou que entre as novidades que este ano presenta o Circuíto de Andainas Saudables está por unha banda o feito de que será preciso inscribirse previamente para participar, e por outra a que haberá unha andaina ao mes, así coma en territorio tudense serán guiadas polo club AndaTui RegodaPedra. Serán un total de dez percorrido o primeiro deles o 13 de marzo polo Trihlo de Pescadores e o último o 13 de novembro polo Trilho das dúas Bandas.
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…