Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • A Cruz Vermella Baixo Miño impartirá un curso de Primeiros Auxilios en febreiro
    A Asemblea Comarcal da Cruz Vermella ten aberto o prazo de inscrición para o curso de Primeiros Auxilios no fogar que vai impartir os sábados 13 e 20 de febreiro en horario de 10 a 14h.
    A responsable comarcal de Cruz Vermella, Neli Rodríguez, deu conta dos obxectivos desta acción formativa.
    Ofértanse un total de 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, os interesados poden contactar coa Cruz Vermella Baixo Miño na súa sede na Guarda ou no 986 61 46 09.
    1 min
  • A OMIX da Guarda oferta tres cursos neste comezo do 2016
    A OMIX da Guarda deu a coñecer os cursos formativos ofertados para o comezo deste ano 2016, un curso de portugués, outro de linguaxe de signos e o último un obradoiro dun só día de calcenecos. O curso de portugués ten un prezo total de 25 euros, comeza en febreiro e impartirase os martes e xoves, de 20h a 22h. Pola súa parte, o curso de lingua de signos ten o mesmo prezo, 25 euros, pero comezará a finais deste mes de xaneiro nun horario de martes e xoves de 19.30h a 21.30h. Para rematar, o vindeiro 29 deste mes, terá lugar na OMIX guardesa un obradoiro de calcenecos, de 19.30h a 21.30h, totalmente de balde. Así nolo contou Patricia Cuña, técnica de mocidade do Concello da Guarda
    2 min
  • Anegado o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadelouro en Tui
    O Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Ribadelouro en Tui está impracticable coa zona da Ponte das Febres completamente anegada pola auga. Por este motivo o Concello de Tui vai instalar sinalización da rota alternativa que deberán seguir estes días os peregrinos. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.
    1 min
  • Aprobados os orzamentos do Concello de Tui para 2016
    O Concello de Tui terá no ano 2016 uns orzamentos de 7.668.023,68€ . Esta mañá foron aprobadas inicialmente as contas municipais para 2016 nun pleno extraordinario no que o grupo de goberno formado por PSOE, Alternativa Tudense, BNG e Son de Tui tiveron o apoio do concelleiro de Alternativa Popular de Tui, José Manuel Sousa, para sacar adiante a proposta. Votaron en contra o PP, C21 e Ciudadanos Tudenses.
    1 min
  • Este domingo celébrase o Festival de Nadal de Patinaxe en Tui
    Este domingo o Club de Patinaxe Artístico Ribex, celebra o Festival de Nadal de Patinaxe no novo pavillón de deportes de Tui. Nesta actividade colabora o Concello de Tui.
    A partir das seis da tarde haberá exhibicións dos grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas. Contounolo Carolina Figueroa do Club Ribex.
    1 min
  • Valoración de Teresa Domínguez da campaña de recollida de xoguetes do CRA Mestra Clara Torres
    O pasado martes día 15 deste mes, o CRA Mestra Clara Torres pechaba a súa campaña de recollida de xoguetes. Teresa Domínguez, directora do CRA, valoraba ante os nosos micrófonos que esta campaña resultou ser todo un éxito, xa que participaron na mesma moitos centros educativos da cidade, ademais de moitas familias. Teresa Domínguez quixo subliñar o feito de que foron moitos nenos os que decidiron doar os seus xoguetes en bo estado para aqueles que menos teñen.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…