Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Esta fin de semana incrementarase a presenza policial no conxunto histórico de Tui para evitar incidentes
    Esta fin de semana incrementarase a presenza policial no conxunto histórico de Tui coma medida disuasoria para evitar que se volvan producir incidentes coma a pelexa multitudinaria deste pasado domingo. Así o acordaron no día de onte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o subdelegado do goberno en Pontevedra, Coello, no encontro que mantiveron. En concreto se reforzarase a presenza da Garda Civil na zona para tentar atallar este problema que cualifican de grave.
    2 min
  • Nova concentración nos Xulgados de Tui para demandar mellores instalacións
    Hoxe ao mediodía tivo lugar a segunda concentración, levada a cabo polos traballadores do Xulgado de Tui, ante o edificio número 3 no Paseo da Corredoira. O obxectivo destas concentracións é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. Mercedes Garrido, representante dos traballadores, declarou que de momento non teñen comunicación da Xunta de Galicia. Comunicou que a Xuíz decano puxo en coñecemento do Tribunal Superior de Xustiza o estado dos Xulgados de Tui e están a espera de que a Sala do Goberno, nunha comisión mixta, tome medidas, nunha reunión que se realizará o ano próximo.
    A concentración, que foi aberta á cidadanía, repetirase o vindeiro mércores 16 deste mes.
    1 min
  • Valoración positiva do IV Mercado de Nadal
    Valoración positiva do IV Mercado de Nadal celebrado onte domingo na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, valorou positivamente tanto a asistencia de público coma as vendas realizadas polos distintos postos. Amais se recaudaron máis de 400 quilos de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. O concelleiro tamén deu conta da boa repercusión que a feira tivo para os negocios de hostalería da zona.
    2 min
  • Samuel Diz publica novo disco 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca'
    O músico tudense Samuel Diz vén de publicar un novo disco froito do traballo de investigación que leva a cabo. Neste caso trátase de 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca' dedicado á guitarra na Xeración do 27.
    En declaracións á Radio Municipal de Tui Samuel Diz explicaba que este novo traballo é o froito de catro anos de investigación sobre a Xeración do 27, tomando a figura de Federico García Lorca coma eixo de encontro entre os distintos creadores.
    1 min
  • Declaracións de Yolanda Rodríguez, concelleira- Última hora ataque informático
    A concelleira de Urbanismo do Concello de Tui, Yolanda Rodríguez, explicou que tralo ataque informático que afectou ós departamentos do Concello, practicamente xa está reactivada a actividade. Desta forma, os ordenadores xa están funcionando, está restablecido o rexistro de entrada e saída, e están funcionando case ó 100%, coa excepción de tres ordenadores que continúan apagados.
    3 min
  • Declaracións de Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo- última hora do ataque informático
    Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo, informa que arestora están a traballar para arranxar o problema do virus informático, e agarda que estea solucionado ao longo da mañá. Para restablecer o servizo, están facendo copias de seguridade. Nestes momentos aínda non atoparon o foco de partida do virus, por iso, durante a mañá achegaranse de novo técnicos da Deputación para tentar esclarecer as causas do ataque informático.
    3 min
  • Declaracións de Mercedes Garrido, voceira dos traballadores do Xulgado- Manifestación Xulgados Tui
    Este mediodía tivo lugar a primeira das concentracións convocadas para este mes diante do xulgado número 3 de Tui no Paseo da Corredoira. O obxectivo das mesmas é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. A concentración é aberta á cidadanía e repetirase os mércores, 9 e 16 deste mes.
    Mercedes Garrido, voceira dos traballadores do Xulgado, explicou que a concentración deste mediodía é para reivindicar que o Xulgado de Tui teña un edificio propio para que os seus empregados poidan traballar adecuadamente.
    1 min
  • Tui súmase á celebración do Día Mundial da SIDA
    Hoxe celébrase o Día Mundial da SIDA. Por este motivo o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui leva a cabo distintas actividades coma a colocación dunha pancarta informativa na fachada da Área Panorámica. Tamén realizan obradoiros cos escolares para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información. E na fin de semana, en colaboración cos locais de ocio de Tui, repartirán preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade. Así nolo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso en declaracións á Radio Municipal de Tui
    1 min
  • Recital de Raquel Areal e Isolda Crespi o domingo 29 na Igrexa de Santo Domingo en Tui
    Este domingo, 29 de novembro, ás sete da tarde a Igrexa de Santo Domingo acolle un recital de música clásica organizado pola Asociación Trisquel e Medulio dentro das VII Xornadas Culturais. O concerto correrá a cargo da violinista tudense Raquel Areal Martínez e da pianista Isolda Crespi. Interpretarán obras de Bach, Beethoven, Bloch, Saint-Saën e Tchaickovsky. En declaracións á Radio Municipal de Tui así o explicaba Rosalía Martínez, responsable da organización.
    1 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…