Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Concerto do Ensemble Galería hoxe venres na Igrexa de Santo Domingo
    Hoxe venres, 27 de novembro, 20.30h, a Igrexa de Santo Domingo de Tui acolle o concerto presentación do Ensemble Galería. Alejandro Garrido, director desta agrupación de corda, explicou á Radio Municipal de Tui que van interpretar o Adagio de Samuel Barber, o Concerto para viola e orquestra de cordas de Telemann e a Serenata para cuerdas de Tchaikovsky.
    1 min
  • Hoxe ás 18.30h charla "Stop Vespa Velutina" na Sala Félix Rodríguez de Tui
    Qué compre saber sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina; a ameaza real que supón e os colectivos máis afectados; como comportarse ante a presenza do insecto... serán parte dos contidos da charla “Stop Vespa Velutina” prevista para ás seis e media desta tarde na Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica. O presidente da Asociación Galega de Apicultores será o encargado de explicar estes e outros temas realacionados coa Vespa Velutina.
    Esta conferencia está organizada polo Concello de Tui e a Asociación Galega de Apicultura. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente de Tui, convidaba, na Radio Municipal de Tui, a asistir a esta charla.
    1 min
  • O Silabario renova a súa Estrella Michelín por sexto ano consecutivo
    Por sexto ano consecutivo o Restaurante Silabario de Tui está entre os distinguidos cunha Estrella Michelín pola prestixiosa guía gastronómica. Onte á noite tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación da Guía 2016 para España e Portugal, e o Silabario figura entre os 157 que locen unha destas estrelas. Alberto González, en declaracións á Radio Municipal de Tui, explicaba que están moi contentos xa que isto supón a consolidación deste recoñecemento. En mente do chef figuran xa novos proxectos para 2016.
    1 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión subdelegado por mercadillos
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, foi un dos 19 alcaldes da provincia que se reuniron está mañá co subdelegado do Goberno en Pontevedra para tratar a problemática dos mercadillos.
    Foi unha reunión intensa e longa segundo o rexedor tudense da que sae unha mensaxe de firmeza fronte a aquelas conductas que tratar de alterar a normal convivencia entre os cidadáns. Entre as decisións tomadas está a colaboración dos corpos e forzas da seguridade do Estado coas policías locais para reforzar a seguridade. Tamén se acordou demandar da Consellería de Comercio da Xunta de Galicia un regulamente unitario das ordenanzas e lei de mercado prohibindo sobre todo as cooperativas.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…