Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • As redeiras da Guarda participan en cursos de deseño e produción de novos produtos de bixutería
    Preto de dez redeiras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia están a participar en distintos cursos durante estas semanas para deseñar novos produtos artesanais e polos en valor de cara a súa posterior venda, nunha iniciativa da Consellería de Economía e da Consellería do Mar.
    Manoli Pacheco, secretaria da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, facía unha valoración positiva destes cursos nos que aprenden a deseñar novos produtos con características únicas de seren realizados por redeeiras. Polo momento comercialízanse na propia nave das redeiras do Porto da Guarda.
    1 min
  • Decoración de Nadal en rúas tudenses
    O Concello de Tui xunto coas florarías Flores Rita e La Flor Floristas, están a decorar as rúas do centro, do casco histórico tudense e a Ponte Internacional con motivos de Nadal. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, sinalou que esta proposta ten o obxectivo de embelecer a cidade, e agarda que a decoración sirva para dinamizar o comercio local
    4 min
  • Esta mañá preséntouse a aplicación ORPAGU LEX
    Esta mañá tivo lugar na sede de ORPAGU na Guarda a presentación da aplicación ORGAPU LEX. A mesma ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a lexislación e normativas relacionadas coa pesqueira de palangre de superficie.
    Juana Parada, xerente de ORPAGU, explicaba coma a flota dos palangreiros está sometida a distinta normativa internacional que se vai actualizando, polo que as veces resulta complicado realizar calquera consulta. Por este motivo desenvolveron esta aplicación.
    Esta aplicación forma parte do plan de actuacións plurianuais da organización, para o que solicitaron fondos ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e ao Ministerio de Agricultura, pero polo momento foi costeada por fondos propios. Ata xaneiro a aplicación non estará dispoñible por cuestións técnicas.
    2 min
  • Hoxe sábado preséntanse os traballos de recuperación do petróglifo de Ghorgholado no Rosal
    Hoxe sábado, 12 de decembro, ás 12h o Concello do Rosal fará a presentación pública dos traballos de recuperación e restauración do xacemento arqueolóxico do petroglifo de Ghorgholado na parroquia de Eiras. Tras tres anos de traballo, dende que unha veciña comunicou ao Concello a existencia deste petroglifo, dende mañá será xa visitable este lugar. En declaración á Radio Municipal de Tui a concelleira de Cultura, Charo Tabales, explicou que contaron coa colaboración da Deputación para a excavación e tamén solicitaron a AGADER unha axuda para sinalizar o acceso ao petróglifo e colocar paneis informativos. Pola tarde ás 15.30h sairá da adega Val Miñor, en Eiras, unha visita guiada ao petróglifo do Ghorghollado a cargo do arqueólogo Antonio Castro Rozados, cun posterior percorrido pola parroquia de San Bartolomeu de Eiras.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…