A presidenta da Deputación, Carmela Silva, ofreceu onte, na súa primeira visita institucional ao Rosal, a súa colaboración ao alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, para apoiar ao Concello nos plans de futuro que ten en marcha. O alcalde Rosaleiro valorou positivamente esta visita pola boa disposición da presidenta provincial.
Así en materia de seguridade vial o alcalde destacou a senda peonil de Valdemiñotos, que está xa na terceira fase, quedando pendente un paso elevado.
Outra das solicitudes do Concello á Deputación foi a colaboración para convocar un concurso de ideas para tranformar íntegramente a Praza do Calvario