Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Keka Losada, pta de Arela - Festival de Cans
    Os escolares disfrutaron xa esta mañá da primeira xornada do Festival de Cans, no Porriño, que prosegue a partir das 16.30h coa proxección de booktrailers, do film "Visións" de Xisela Franco e Beli Martínez, coa colocación de pracas no Muro dos Chimpín, coa homenaxe das pandereiras de Cans, coa presentación do xurado deste ano, cun serán...e moito máis coma nos explicaba Keka Losada. presidenta da Asociación Cultura Arela, organizadora do evento.
    3 min
  • Este domingo celébrase en Tui a segunda xornada da Liga Internacional de Clubes Luso Galega de Judo 2016
    O novo pavillón de deportes de Tui acollerá este domingo, 15 de maio, dende ás 14.30h a segunda xornada da Liga Internacional de Clubes Luso Galega de Judo 2016 organizada polo Juvalença e o Judo Club Tudense. Na mesma van participar 11 equipos masculinos e 3 femininos de Galicia e Portugal. O Juvalença e o Judo Club Tudense competirán coma un único equipo representando á Eurocidade. Así o explicaron hoxe na presentación do evento a presidenta do Juvalença, Argentina Rosa da Silva, e o presidente do Judo Club Tudense, David Morais, acompañados polo concelleiro de Deportes, Laureano Alonso e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
    3 min
  • A XIX Feira do Libro Galego do 17 de maio contará con 22 postos e coincidirá coa Feira de Antiguedades
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, presentaron a décimo novena Feira do Libro galego de Tui e maila Feira de Antigüedades que terán lugar o próximo martes 17 de maio, ámbalas dúas na Corredoira. A feira comezará as 11:30 horas cun obradoiro de marca páxinas e xogos populares coa compañía “en un tris tras”, aínda que o acto oficial será as 12:00 do mediodía tralo cal se producirá unha lectura colectiva de textos de Manuel María, autor galardoado este ano coas Letras Galegas, e na que poden participar tódolos veciños que o desexen. Durante todo o día produciranse ademais actuacións folclóricas e de diferentes grupos tradicionais que amenizarán a xornada.
    2 min
  • Marcos González na presentación do II Rallie Eurocidade que terá lugar esta fin de semana
    Esta fin de semana celébrase o II Rallie Eurocidade organizado pola Escudería Dona Urraca coa participación dun centenar de coches que o venres pasarán as verificacións técnicas e administrativas, e o sábado realizarán xa a competicións. Terán que realizar catro treito a dobre pasado, dous pola mañá e dous pola tarde. Así o explicou este mediodía o presidente da Escudería Dona Urraca, Marcos González, na presentación da proba. Fixo amais un chamamento ao público á respectar as medidas de seguridade e situarse en zonas altas, sobre todo nas curvas, para ver a competición.
    4 min
  • Visita guiada a exposición "Mulleres en acción: violencia zero"
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenda da Deputación, Carmela Silva, xunto á deputada Digna Rivas e os concelleiros tudenses Yolanda Rodríguez, María José González e Laureano Alonso, asistiron esta tarde á visita guiada da exposición “Mulleres en acción:Violencia Zero” organizada pola Deputación de Pontevedra. O acto contou con comisario da exposición Íñigo Rodríguez, a artista Mónica Mura, representantes de distintos colectivos tudenses, así coma cunha trintena de alumnos de 1º da ESO do Colexio Maristas.
    3 min
  • Declaracións Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas - Acceso Parque Empresarial de Areas
    O enlace de Areas é o máis urxente e importante, segundo a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Así o expuxo onte á tarde na Cámara de Comercio de Tui, onde presentou o proxecto de trazado aos empresarios do Parque Empresarial de Areas. Onte mesmo se iniciou a información pública dese trazado. Explicou que as obras do enlace executaranse ao mesmo tempo que as do tramo I da VAP Tui-A Guarda.
    2 min
  • Presentación da XIII Andaina Tudense Solidaria
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto co concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e os responsables do club ANDATUI, Xosé Manuel Novoa e José Martínez Tato, presentaron este venres a XIII Andaina Tudense Solidaria. Os participantes percorrerán 26 quilómetros nesta camiñada de subida ao Monte Aloia. Celebrarase o sábado 14 de maio.
    2 min
  • Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio do Louro - Tarefas de mantemento na rede de abastecemento en Tui
    Eliminar turbidez acumulada na rede de abastecemento de auga e renovar unha redutora de presión é o obxectivo das tarefas de mantemento que mañá vai realizar o Consorcio de Augas do Louro. Estes traballos poden xerar cortes puntuais no subminstro prinicipalmente na Avenida da Concordia e nas rúas Calzada e Coengo Valiño, tal e coma nos explicou Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio. Tamén nos deu conta da convocatoria do I Concurso de Debuxo Infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Inauguración Parque Infantil Montiño en Rebordáns
    Esta tarde serán inauguradas as obras do Parque Infantil do Montiño en Rebordáns, logo de ser renovado completamente. No mesmo investiuse 26.494,86 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015.
    En concreto instalouse un novo firme con pavimento de seguridade e novos elementos de xogo.
    Esta actuación súmase á realizada xa anteriormente no Parque Infantil do Penedo, segundo explicaba hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…