Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade
    O novo pavillón de deportes de Tui acolle este domingo dende ás 10.30 h o III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade. Será moi dinámico e espectacular nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi.
    Escoitamos a Carlos Alonso, presidente da Federación Galega de Kung-Fu, Aaron Blanco, responsable de Kung-Fu Moderno; Jose Antonio Parada, director do departamento de Tai-chi
    e a Eduardo Méndez Sanjurjo, director do Campionato.
    3 min
  • II Campionato de Judo Eurocidade
    Este sábado dende ás 12.30h hora española celébrase o II Campionato de Judo Eurocidade no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, explicou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete. O adestrador do Judo Club Valença, Rui Ferreira, destacou a implantación que o judo está a ter.
    2 min
  • Ent. Marco García - Presentación das Liñas de actuación e o Plan de acción do GDR14 -
    Esta mañá presentouse no Rosal o documento resultado da segunda fase do proceso participativo de elaboración da estratexia de desenvolvemento local: as Liñas de actuación e o Plan de acción. Éste é o paso previo a ter o documento para a candidatura final, que recollerá a estratexia local que rexirá o proceso de financiación de proxectos nas convocatorias de fondos LEADER do programa 2014-2020. Así nolo explicou Marco García, técnico do GDR14
    8 min
  • ORPAGU e a Universidade de Vigo presentan un libro sobre as características do peixe espada
    Esta mañá a Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU, presentou en Ourense o libro “Peixe espada: pesca, composición química e valor nutricional” que trata polo miúdo as características técnicas do peixe espada. Con este manual, froito da colaboración coa Universidade de Vigo, ORPAGU busca crear sinerxias entre o mundo da pesca e o da universidade e a investigación.
    3 min
  • #OPeche |Nunca choveu que non escampara
    Quedan soamente 5 días para que o 21 de xuño chegue o verán e porén hoxe aínda saímos da casa co paraugas preparados para a choiva. Acumulamos varios días de inestabilidade que nos fan temer o peor, pero atención porque as previsións son positivas. O fin de semana al altas presións chegarán a Galicia e segundo Meteogalicia, se todo vai como debería, a partir da tarde do sábado gozaremos de altas temperaturas e ceos plenamente despexados para poder comezar a desfrutar das praias e deixar atrás o branco invernal da nosa pel.
    3 min
  • #OPeche |O que aprendemos cos máis cativos
    Hoxe visitounos un grupo de nenos e nenas da Galiña Azul de Tui cos que falamos... de todo un pouco. E con actuación musical incluída! O primeiro que aprendimos foi que teñen allos porros e o segundo, moi importante: non esquecerse de saudar a mamá e a papá.
    3 min
  • Presentación da Aloiada 2016
    Máis de 120 alumnos dos CEIP’s nº1, nº2 e de Pazos de Reis van participar na Aloiada 2016 que propiciará xornadas de convivencia entre os escolares con práctica deportiva en plena natureza. Aínda que inicialmente estaba prevista para este xoves e venres, ante a previsión de choiva, foi adiada para o próximo luns 20 e martes 21.
    A novena edición da Aloiada foi presentada esta mañá na casa do concello. Escoitamos ao concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, a directora do CEIP nº1, Cristina Novoa, o director do CEIP nº2 Luis Ruíz, e aos profesores de educación física, Fernando Domínguez, ,Alberto López e Beatriz González, así coma o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro,
    4 min
  • #OPeche | Eres bo fotógrafo? Temos dous certames para ti
    A fotografía ten á capacidade de recoller un instante, un fragmento da vida, que queda inmortalizado para sempre e que nos permite non esquecer cando o tempo, que transcorre devagar pero sen pausa, aneboa a nosa memoria. Reunións familiares, encontros con amigos e viaxes son algunhas das circunstancias que requiren de nos para premer o botón da cámara fotográfica. Pos ben, aqueles que gocen dun bo álbum de fotografías de viaxes poderán participar no X Certame fotográfico “Viaxando” organizado polo Espazo Xove de Tui en colaboración coas OMIX de Salceda, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar e O Porriño.
    Pero as fotografías tamén poden ser unha ferramenta de sensibilización e achegamento cultural. E esa é precisamente a premisa da terceira edición do concurso “Imaxes con Fondo” organizado polo fondo galego de cooperación e solidariedade e co que colabora o concello da Guarda.
    3 min
  • Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, visita as instalacións de Utingal en Tui
    este mediodía o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, atópase visitando as instalacións de Utingal, en Tui, xunto co xerente Jesús González. Esta empresa, dedicada ao sector da aeronáutica e a automoción, recibiu a semana pasada o premio Idea Empresa 4.0.
    Escoitamos primeiro a Jesús González, xerente de utingal, quen agradeceu a visita do conselleiro e despois a Francisco Conde, que resaltou a importancia do sector no futuro industrial de Galicia.
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…