O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, presentaron a décimo novena Feira do Libro galego de Tui e maila Feira de Antigüedades que terán lugar o próximo martes 17 de maio, ámbalas dúas na Corredoira. A feira comezará as 11:30 horas cun obradoiro de marca páxinas e xogos populares coa compañía “en un tris tras”, aínda que o acto oficial será as 12:00 do mediodía tralo cal se producirá unha lectura colectiva de textos de Manuel María, autor galardoado este ano coas Letras Galegas, e na que poden participar tódolos veciños que o desexen. Durante todo o día produciranse ademais actuacións folclóricas e de diferentes grupos tradicionais que amenizarán a xornada.