Esta mañá presentouse a Axenda de Verán da Guarda co programación de actividades dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Á presentación estiveron convidadas as comisións de festas e os diferentes colectivos culturais do Concello.
No tocante á programación do Concello, destaca a exposición “Camiños da Imaxe”, con fotografías dos anos 20 da Guarda, repiten as noites no Castelo e os Diálogos en Educación. Haberá actividades para tódolos públicos e en diferentes horarios para que todos os veciños do concello e da comarca poidan participar deles. Una axenda cultural que a concelleira de Cultura da Guarda, Elena Baz, define como “de referencia na comarca”.