Cando a música se leva dentro un crea os seus propios instrumentos. toca de oído, e é teimudo ata conseguir o seu propósito, ter a primeira gaita. A asociación San Telmo, no seu afán de recoñecer aos que teñen aportado o seu importante gran de area a nosa música tradicional, homenaxeou o pasado sábado a Joaquín González Martínez de 84 anos natural de Pexegueiro.
De oído nunca mellor dito construía dende os 8 anos os seus propios instrumentos.
Aos quince actuou por primeira vez en público, e dende entón a súa foi unha vida ligada a música actuando en moitas festas animando verbenas e romarías.
Aos seus 84 anos aínda hoxe se anima de cando en cando a tocar unha peza.