Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.... more
FAQs about Libros para as medras:How many episodes does Libros para as medras have?The podcast currently has 112 episodes available.
July 27, 2021Libros e outras artes IILibros e outras artes: a pintura nos libros da editorial Kalandraka. Porque esta editora especializada en álbum ilustrado ten unha querenza especial polo mundo da arte e demóstrao a través da publicación de libros que buscan xunguir a rapazada á arte, dende as primeiras idades....more7minPlay
July 13, 2021Libros e outras artes IA colección “Unha historia para un cadro” do Museo de Belas Artes de A Coruña, un libro da editorial Bululú (Alén. A arte de explorar) e outro de Galaxia (Jan estivo alí)....more7minPlay
June 29, 2021Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Santoamaro de Antonio FragaA novela Santoamaro é a ganadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020.Unha novela moi especial na que se mestura libremente a narrativa co teatro e asmensaxes de móbil coas que comeza cada capítulo....more6minPlay
June 15, 2021Premio Merlín 2020O Premio Merlín de Literatura Infantil é unha das achegas anuais de Edicións Xerais de Galicia. En pé dende 1986, ten como obxectivo fomentar a creación literaria destinada especificamente ao público infantil. Aquel primeiro premio fora para Ursula Heinze por A casa abandonada. No 2020 resultou ganadora a obra A folla azul de Andrea Maceiras....more4minPlay
June 01, 2021Velloucas & MinchasO III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil vainos mostrar o que poden facer as maiores e as preadolescentes cando non lles queda outra que tomar as rendas contra as inxustizas....more5minPlay
May 25, 2021Vai de mitoloxíasA moura que creou o mundo. O mito galego da creación é unha obra publicada en 2020 na que o antropólogo Rafael Quintiá recrea e sintetiza as diferentes lendas das mouras en distintos lugares de Galicia, ao tempo que realiza un percorrido por esa cartografía, pensando na rapazada....more5minPlay
May 18, 2021Xela Arias nas Letras Galegas de 2021Non te amola! é a contribución de Xela Arias á literatura infantil, un libro inédito do que se dera noticia en 1991.Nel reconstrúe a través dunha voz feita ficción os anos da infancia, unindo diferentes anécdotas....more8minPlay
May 11, 2021Contrahistorias de GaliciaNeste podcast falaremos de Contrahistorias de Galicia, de Antonio Reigosa, un libro moi difícil de explicar sen as súas ilustracións. Estaríamos a falar como se fose dunha exposición de pintura para persoas cegas....more9minPlay
May 04, 2021Emilia Pardo Bazán, tamén para a rapazadaEmilia Pardo Bazán está de centenario e por iso son moitos os eventos que se realizan arredor da súa figura. Neste podcast falaremos de libros galegos para a infancia centrados nesta figura....more7minPlay
April 27, 2021Álbum ilustrado para ler e mirarHoxe traemos un álbum ilustrado. Un deses libros que son verdadeiras alfaias, libros obxecto nos que é tan importante o texto como a ilustración. Libros que comparten linguaxes: textual e icónica, e nos que cada unha delas achega a súa riqueza. Libros para ler e ver, para mirar e compartir....more6minPlay
FAQs about Libros para as medras:How many episodes does Libros para as medras have?The podcast currently has 112 episodes available.