Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Libros que falan de libros
    Tres libros, moi diferentes pero que teñen en común a temática da lectura. O libro de Manuel Rivas A nena lectora. Un magnífico ensaio dirixido á rapazada: Douche a miña palabra de Fran Alonso. Un novo álbum ilutrado Un universo na túa maleta de Ana Meilán.
    7 min
  • Libros que poñen en valor a lectura
    Todos os libros de calidade o fan, pero hai algúns que centran a mirada nese obxectivo.
    Así o fai o álbum ilustrado de Eva Mejuto Cando leo. Está magnificamente ilustrado por Bea Gregores, que expresa á súa maneira o significado da lectura. Un libro publicado por Edicións Xerais de Galicia.
    7 min
  • Ana e a lúa lueira
    Poesía e conto: Ana e a lúa lueira de Toño Núñez con ilustracións de Noemí López e música de Fernando Gómez Jácome.
    7 min
  • Veña, avoa!
    Un álbum ilustrado de porquiñas: unha avoa e a súa neta. Polo tanto, unha historia interxeracional. Un libro de aprendizaxe: a avoa axuda á neta a que aprenda a andar en bicicleta, e logo será a neta a que se empeñe en que a avoa tamén aprenda a voar sobre rodas, a conquerir esa liberdade.
    6 min
  • As letras de Florencio Delgado Gurriarán para rapazada
    Presentamos varios libros que nacen ao redor do 17 de maio para dar a coñecer a Florencio Delgado Gurriarán. "Polos vieiros da saudade" de Héctor Cajaraville en Xerais, Polo correo do vento publicaron "De Valdeorras e México. Terra a nosa!, Florencio Delgado Gurriarán". "Un legado infindo", un libro con pictogramas de Lucia Gómez ou "Florencio Delgado Gurriarán", dentro da colección dos Bolechas, "As miñas primeiras Letras Galegas".
    6 min
  • Biografías de mulleres
    Libros que visibilizan mulleres galegas que están de centenario. Dúas mulleres, Emilia Pardo Bazán e María Casares, vistas por outras dúas mulleres: María Canosa e Bea Gregores. Libros grandes, de pastas duras, nos que texto e ilustración colaboran na biografía de mulleres enormes que fixeron máis grande o seu tempo.
    6 min
  • Bo tempo
    Transxénero. Cómic, biografía, reflexións sobre a arte... Unha novela gráfica arredor dunha biografía incompleta. Coma pezas de rompecabezas pequenos capítulos que xorden das chispas que prenden na luz de Raimundo Patiño, un autor aínda por reivindicar, un home inclasificable e incomprendido, unha obra demasiado descoñecida.
    6 min
  • A gran tribo
    A gran tribo propón un xogo entre dúas linguaxes. A textual sitúanos nunha tribo india, as imaxes nunha sociedade actual.
    6 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.