Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Os migrantes
    Un libro para lectorado que comeza a ler e quere pensar.
    Os migrantes de Marcelo Simonetti e María Girón publicado por Kalandraka, para falar do que hai detrás desa palabra que lle dá título e está tan de actualidade. Porque... que son os migrantes? Un doce, un xogo, unha mascota...? Debemos terlles medo? Este álbum é unha fiestra aberta ás palabras e o seu significado, ao pensamento infantil, á relación entre irmáns, ao que un supón que sente o outro, ao que fan xuntos no día a día, á observación da natureza
    6 min
  • En novembro, ciencia
    En novembro, ciencia, porque novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por iso, falaremos de libros de coñecemento, de libros de divulgación científica.
    6 min
  • Aí ven o Samaín
    Samaín chámase a festa creada polos pobos celtas, entre eles o galego. Segundo as súas crenzas, a noite do 31 de outubro daba comezo o novo ano, marcando o final do tempo das colleitas ou da luz e o inicio do inverno ou estación da escuridade.
    8 min
  • Estrelas galegas da ciencia
    Publicado por Hércules de Ediciones conta cos textos de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Bures. As ilustracións son de Clara Cerviño. Estamos ante un libro de divulgación científica, un libro que nos fala de científicos e científicas galegas que son moi descoñecidos para a meirande parte da poboación. Queremos que a rapazada os coñeza, que saiba que tamén nese campo temos destacado dende Galicia.
    6 min
  • Unha volta ao mundo
    Un libro imprescindible. O seu título: Unha volta ao mundo. O mellor que lin nos últimos tempos. Da autoría de Joseba Sarrionandia, está ilustrado polo cubano Ares e traducido ao galego por Isaac Xubín. Un luxo, de verdade, un libro que dá que pensar a través do texto e das imaxes e na mellor tradución que podía ter. Estou segura que outras non poden ter a mesma calidade que a versión en galego... Publicada por Kalandraka.
    8 min
  • 3 libros, 3
    Falamos da colección Tucán de Rodeira, o selo galego de Edebé. Facémolo pola calidade dos seus libros, pero semella que, na actualidade é a única editorial de fóra de Galicia que continúa convocando os seus premios de literatura infantil e xuvenil nas catro linguas do Estado Español e con moi boa dotación. Premios que ganaron escritores de noso como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey ou Gloria Sánchez...
    7 min
  • Nais
    O 1º domingo de maio está declarado día da nai. Por iso, aínda que con certo retraso, queremos falar de libros relacionados coas nai. Mamá e mamá vai de viaxe de Mariana Ruiz Jonhson, Eu tamén son fonte de Teresa Moure, Mamá é fantástica de Nick Butterworth e Mamá Pingüín é a mellor de Chris Haughton.
    4 min
  • Un libro con temática moi actual, situado nun afastado oriente
    Hoshi. A voz da pedra fósil. Un adolescente que leva tempo sen saír do seu apartamento, entre videoxogos e comida lixo, autoexiliado da sociedade. Un nonaxenario que se nega a admitir o final da II Guerra Mundial e segue a protexer un illote. Unha chamada vainos poñer en contacto e o abismo ábrese.
    5 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.