Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Os libros de Abel Tomé
    Os libros de Abel Tomé. Por que nos chama a atención un novo autor? Igual porque non  os conta máis do mesmo. Porque é quen de crear novos mundos que nos abren fiestras a outros imaxinarios, eses que andamos buscando sempre. Porque si, han de estar ben escritos, a ser posible tamén ben ilustrados, ben editados… isto supónselle para estar publicados, pero cando nos achega unha nova realidade, a realidade vista doutra maneira… daquela dámoslle a benvida!
    6 min
  • O fabricante de sombreiros
    O fabricante de sombreiros de Pinto & Chinto é unha desas xoias que cando aparecen nos alegran os días. Unha obra para permanecer, chea de orixinalidade, imaxinación e bo facer. Este dúo de creadores (David Pintor e Carlos López) tan coñecidos pola viñetas de humor no xornal como polos libros infantís, agasállanos, de vez en cando, con materiais dunha calidade superior ante os que non nos queda outra que sacar o sombreiro e saudar (aínda que vos vou contar un segredo: o señor Martus creou un sombreiro que saúda el só, sen necesidade de ter que erguelo coa man).
    5 min
  • A última fronteira
    A última fronteira é un álbum ilustrado de Cecilia Heikkilä traducido por David Álvarez e publicado por patasdepeixe. O primeiro que debemos pensar é que nos suxire o título. Cal é para nós a última frontera? Cando se pode pensar en viaxar cara ela? Quen queremos que nos acompañe nesa aventura?
    6 min
  • Bos títulos, tamén para a infancia
    Pensando neste asunto, ademais de libros para mocidade, tamén me acordei dun par de títulos que me gustaron. Curtiños pero moi axeitados. Un deles é Vou! de Elena Andrés publicado por Galaxia. O outro Estou ocupado!.
    5 min
  • Outros títulos moi bos
    Cóntase que nunha ocasión se xuntaron dous escritores e falaron. Un tiña un gran título pero non daba atopado o relato. O outro tiña unha boa historia pero os títulos que lle pasaban pola cabeza non lle facían xustiza… Que pasaría? Nós imos continuar con outras dúas novelas que ao noso entender contan con bos títulos e un magnífico contido. Unha delas é Que me pare o corazón se te esquezo de Andrea Maceiras, Premio Raiña Lupa da Deputación de A Coruña 2021, sobre os retos en internet. E o outro, O ceo dos afogados, de Francisco Castro no que o autor nos coloca ante unha situación de emerxencia natural ou un aviso a navegantes. Ambas publicadas na colección Fóra de Xogo de Xerais. Igual que no caso anterior escollemos unha novela actual e outra pola que pasaron uns anos pero segue mantendo  interese, entre outras cousas por tratarse dunha obra ecoloxista.
    5 min
  • Títulos que nos impresionan
    Ningunha estrela levará o meu nome é un deles. Fainos pensar, que historia pode haber detrás? Porque igual non hai estrelas suficientes no firmamento para nomearnos, ou certamente, somos insignificante e non o merecemos. Unha historia de Antonio Manuel Fraga publicada na colección oqueleo de Obradoiro hai pouco tempo. Anxos en tempos de chuvia  de Miguel Vázquez Freire publicada na colección Fóra de Xogo de Xerais formou parte da Lista de Honra do IBBY 1999. Trátase pois dun libro que recuperamos, porque hai que facelo, porque no todas van ser novidades, senón tamén libros que resisten o paso do tempo.
    5 min
  • De animais e lembranzas
    Dous traballos moi diferentes.
    O último libro CD de Paco Nogueiras, o músico que lle pon sintonía ao noso podcast, leva o título de Son animal porque todos os poemas cancións están protagonizados por animais: o can, a vaca, o burro, o gato, a cabra, a galiña o porco, o mosquito, o parrulo, a ra e o grilo.
    O último libro de Concha Blanco (Eu tamén fun pequena) no que se recollen os contos que todas as noites, antes de durmir, lles conta ás netas. As historias de cando ela era pequena e vivía na aldea.
    5 min
  • Músicos
    Mozart e Haydn en Galicia. Trátase de libros protagonizados por grandes músicos que viaxan a Galicia. Fina Casalderrey trouxo a Mozart en O xenio da Cidade do Sal, un libro ilustrado por Xosé Cobas e cun CD con música coordinado e interpretado polo frautista Luís Soto e publicado por Xerais. 
    Agora escribe Suso de Toro, tamén para Xerais, co mesmo ilustrador e coa música
    incorporada de Fisión Atlántica Ensemble dirixida por Luís Soto cos cuartetos de F.J. Haydn e as Danzas de Reis de Guláns. Trátase de O segredo de Joseph Haydn, tamén publicado por Xerais.
    6 min
  • Libros das Letras para a infancia
    Por moi difícil que pareza toda a cultura está ao alcance da infancia, simplemente hai que saber como presentala. Esta afirmación confírmase cada ano cando se trata de celebrar as Letras Galegas. Sexa quen sexa a persoa homenaxeada nas escolas, dende a idade máis temperá, vai ser traballada sempre con ese aire que caracteriza as festas pero sen perder un grao de calidade. Por esta razón, os libros dirixidos á infancia son os primeiro que saen ao mercado.
    7 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.