Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Machea
    O Premio Barriga Verde de textos de teatro para monicreques 2024, na modalidade infantil, leva o título de Manchea. Está escrito por Andrea Freire e ilustrado por Lola Villar Pérez.
    Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nunha emocionante e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de ruptura de estereotipos e autoafirmación e inclusión. As protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmas, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que nin sequera é necesario falar para atoparen a súa propia voz.
    8 min
  • Literatura dunha autora
    Fina Casalderrey é a autora galega, candidata española Premio Memorial Astrid Lindgren 2026. Que todas as seccións da Oepli concorden en presentar a Fina a este premio internacional quere dicir moito. Ela foi a primeira autora galega en recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Cando entrou na RAG, dende as bibliotecas escolares de Galicia distribuiuse un texto no que se dicía que con ela entraba a literatura infantil e a escola na institución. Creo que non hai máis que dicir…
    9 min
  • Brunilda e Brunildo
    Brunilda e Brunildo é un álbum ilustrado de Ánxela Gracián e Jessica Mera publicado
    polo editorial Fervenza. Na presentación editorial fálase dunha historia que axudará a
    que a cativada comprenda a importancia da adaptación, o respecto e a tolerancia. Porque
    trata dunha ra que ha de cambiar de lugar (tal vez polo cambio climático) e bota de
    menos todo o que perde co cambio, ata que atopa un novo amigo co que comparte
    moitas cousas, pero non todas… porque cando conseguen verse cara a cara levan unha
    sorpresa.
    5 min
  • Son adoptada, e que?
    “Son adoptada, e que?” quere lembrar unha colección que publicou a editorial Galaxia hai un tempo, presentándonos títulos que pretendían normalizar situacións que necesitaban ser tratadas de maneira habitual como “Meu pai é ama de casa, e que?, Eu vivo en dúas casas, e que?... Un dos títulos era xustamente sobre a adopción. Non nos imos referir a este libro, senón a outros, menos evidentes pero que tratan esta temática como Soños á beiramar de Rosa E. Gantes e Rafa Antón ou Quen me quere adoptar de Fina Casalderrey e Maife Quesada.
    5 min
  • Astronomía para xente miúda
    Cando presentamos Unha cidade en Marte quedamos con ganas de continuar falando de libros de astronomía. Por iso volvemos á editorial Embora para traer un par de obras: A marfallada toda da xornalista científica Floor Bal, un libro divulgativo, que nos conta "a fascinante historia de como chegamos desde o principio do universo á vida actual. "Dende a teoría do Big Bang, asistimos a como se formou o noso sistema solar, como a vida na Terra comezou nos océanos e se trasladou á terra...".
    O outro libro é Cantos cosmos de Estíbaliz Espinosa, con poemas e astronomía para case bebés, tal como aparece no subtítulo. "Poesía e conceptos científicos para bebés. Un experimento poético sobre o cosmos, extraordinariamente ben construído".
    6 min
  • Unha cidade en Marte
    Hoxe imos falar de astronomía, de outros planetas e da posibilidade de vida nalgún
    deles. Ou máis ben, imos falar dun libro que trata esta temática. Un libro traducido ao
    galego pola multipremiada María Alonso Seisdedos que aparece publicado na editorial
    Embora. Un libro colectivo porque conta coa autoría do profesor de Astrofísica: Guillen
    Anglada-Escudé, do físico, farmacéutico e divulgador científico: Sheddad Kaid-Salah
    Ferron e do físico, enxeñeiro aeronáutico especializado en propulsión espacial: Miquel
    Sureda Anfres.
    6 min
  • A pés descalzos
    Ás veces unha cousa leva a outra, un tema a outro tema e un libro a outro libro. Cando, no podcast anterior, falaba de álbums ilustrados que nos remitían ao contacto coa natureza aparecía o libro A pés descalzos con toda a razón. Porque moverse descalzo é pisar a natureza suavemente, é sentila doutra maneira ao tempo que nos vemos parte dela. A autora, unha creadora e terapeuta polaca, mostraba a natureza a través das láminas en diferentes cores nas que predominaba o verde, pero tamén as páxinas con amarelos, azuis, grises… e unha explosión de cores, un mundo en technnicolor co que quería ensinarnos a forma na que as persoas altamente sensibles perciben o mundo. Pois xustamente disto quero falar neste podcast!
    6 min
  • Volver á natureza
    Hai uns días, lendo sobre as escolas na natureza viñéronme á cabeza tres títulos. Poderían ser máis, seguro, pero estes tres libros foron facendo un camiño polo que non me quediu outra que transitar. O primeiro deles é Asilvestrarse. Volver ao salvaxe de Cristian Moyano con ilustracións de Irene Cuesta publicado por Zagorí e o CSIC na colección Mentes curiosas. Un libro de divulgación científica para lectorado autónomo que vomeza así: “Aos seres humanos beneficiaríamos moito asilvestrarnos. Pero… isto que significa? Por que podería ser bo para nós? Vexamos como define o diccionario a palabra asilvestrarse… Asilvestrarse: De silvestre. 1. Volverse inculto, agreste ou salvaxe. Se lles contas á túa familia e ás túas amizades que te vas asilvestrar quizais se preocupen!
    6 min
  • Libros de mar
    Seguimos falando do mar nos libros. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Mar de mazá de Elvira Ribeiro e… seguir falando do mar, desa gran masa de auga que nos abraza e se fose esixente podería atreverse a reivindicar que o noso planeta se chamase Mar en vez de Terra.
    Falando de mar aparecen libros como O gran libro dos nosos mares ou Man de Camelle,
    Balea, As flores radioactivas, A praia da esperanza, A expedición do Pacífico, A tribo
    do mar, Animalia azul de Xosé Tomás e moitísimos máis.
    6 min
  • Rematou o verán
    Remata o verán e cómpre despedilo. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Vrao de Lois Alcayde outro de Poemar o mar de Antonio García Teijeiro e… falar do mar, aínda que
    sabemos que non todo o mundo pasa o verán no litoral.
    Pois ben, falando de mar aparece A escola dos piratas, As flores radioactivas, A praia da
    esperanza, de Agustín Fernández Paz, O gran libro dos nosos mares ou Man de
    Camelle, Balea, A expedición do Pacífico, A tribo do mar, Animalia azul, de Xosé
    Tomás e un longo etcétera.
    6 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.