Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Todo o que aprendín pola miña conta
    Hoxe falamos de álbums ilustrados en galego publicados por editoriais de fóra de Galicia. A historia arrinca cos inicios de Kalandraka e chega ata exemplos actuais como Todo o que aprendín pola miña conta antes de chegar á escola, unha reflexión sobre edición, infancia e lingua.










    5 min
  • Cómics composteláns
    Nun podcast anterior falabamos dun cómic, Gloria. Todo é obra de artistas de Pío Barreiro, un compostelán que crea unha historia situada na construcción do Pórtico da Gloria. Agora traemos outra banda deseñada doutro compostelán, Fausto Isorna, que retoma o personaxe dunha serie, Simón Martel. Ela foi definida como a heroína máis lonxeva da historieta galega. Neste caso Simón Martel vai realizar o camino de Santiago, outro tema ben compostelán. 

    Non podemos abandonar este podcast sen falar dunha novela gráfica, tamén situada en Santiago que é unha obra magnífica, unha distopía que lles gustará ler aos chamados xoves adultos. Os suicidantes de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero publicada por Xerais. Unha historia crúa que nos fai pensar dende o mesmo título.
    6 min
  • Gloria
    Presentámosvos Gloria. Todo é obra de artistas. O primeiro cómic de Pío Barreiro. El é o libreiro da primeira libraría especializada en comics de Santiago e leva ese nome: Komic (con K).  A libraría está situada na rúa San Pedro de Mezonzo, en Santiago, dende 1987. De vez en cando, ademais de vender libros, edítaos ou coedítaos. Esta é unha desas ocasións nas que publica con Demo, a editorial galega dirixida por Manel Cráneo e especializada en Banda Deseñada.
    Gloria. Todo é obra de artistas con texto de Pío Barreiro e debuxos de Lola Garcerá mostra unha viaxe á Compostela medieval durante a construcción do Pórtico da Gloria.
    Unha viaxe polo período románico con trazos de acción, aventura e intriga e unha personaxe feminina que achega unha nova visión sobre a creación artística no medievo.
    6 min
  • Libros informativos 2
    Máis libros de non ficción ou informativos. O primeiro do que imos falar é de Que é a guerra de Eduard Altarriba que aparece en galego traducido por Moisés Barcia e publicado por Sushi Books. Este libro está pensado para responder, de maneira sinxela, todas as preguntas que se nos ocorran despois de ver noticias sobre a guerra. Dise que comprender como funcionan as guerras, as súas causas e consecuencias é o primeiro paso para a paz. Letras da Galicia pequeniña, Atlas da Galicia pequeniña, A Historia da Galicia pequeniña, Un día de festa en Allariz... de César Cerqueiriños e Jorge Campos. Libros nos que a combinación de texto e imaxe son moi do gusto desas persoas pequeniñas ás que van dirixidos cando están acompañados dun adulto que os guía e para ir soltándose. Produtos moi visuais que resultan de gran interese para ese primeiro coñecemento do país, unha mirada rápida para que os datos vaian soando.
    6 min
  • Libros informativos
    Imos falar de libros de non ficción, tamén chamados libros informativos ou de coñecemento. Libros destinados á xente que non acabou de medrar e ten moita curiosidade. Xente á que lle gusta saber cousas, aprender, entender o por qué do que sucede. Poden ser tan divertidos coma os libros de ficción, de feito hai crianzas que os prefiren.
    7 min
  • Isabel Blanco e os libros sobre mulleres
    Isabel Blanco e os seus libros de divulgación sobre mulleres científicas, artísticas ou músicas, no mes de marzo. Isabel Blanco é avogada pero tamén escritora, cunha mirada posta sempre na muller. Así o demostra nos álbums ao redor de Rosaura (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz ilustrados por Luz Beloso) e nos libros de divulgación: Galegas na ciencia, Galegas nas artes e Galegas na música ilustrados por María Lapido e publicados por Belagua. Neles recolle ao redor de vinte biografías de mulleres relacionadas con estes ámbitos.
    7 min
  • O triángulo vermello
    A colección "Pequena memoria", de Xerais, dirixida por Eva Mejuto, presenta álbums ilustrados con temática relacionada coa memoria democrática. Podemos preguntarnos onde está o límite nas historias que se contan ás crianzas e podemos asegurar que a dificultade está na maneira de contalas. Nesta colección apareceron os títulos A lavandeira de San Simón, escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Bea Gregores, A nena lectora, de Manuel Riva, ilustrado por Susana Suniaga, e acaba de publicarse O triángulo vermello, de Carme Vidal e Pablo Iglesias Núñez, ilustrado por Belén Diz. Esta é a historia de Mercedes Núñez, que nace en 1911 e morre en 1986: unha republicana que sobrevive ao cárcere franquista e ao campo de concentración nazi. Vai dedicar os últimos anos da súa vida denunciando a represión sufrida neses lugares que foron verdadeiros infernos. O relato da súa vida faino Pablo, o seu fillo.
    8 min
  • Un libro que son dous
    Sete días con Lía ou Sete días con Leo é o título, porque cada historia ten a súa denominación e a súa cuberta. Unha empeza por un lado e outra polo outro. Un protagonista, unha protagonista; unha historia nun lugar en paz e outra nun lugar en guerra, é dicir, nun campo de refuxiados que é a consecuencia dunha confrontación bélica. A historia dunha semana en cada un deses lugares. O seu autor, Xosé Tomás, é unha persoa imprescindible. Docente implicado que colabora sempre coa biblioteca escolar (ata por a bata de médico para facer consulta lectora), director cando hai que asumir responsabilidades, imparte relatorios e obradoiros de ilustración e banda deseñada, (do que tamén é autor cun papel fundamental na destinada a crianzas na que enche un baleiro que había na produción galega,  humorista gráfico como pode verse nas viñetas de humor da Revista Galega de Educación e no libro Manual de escola, ilustrador dos libros doutras autorías, autor de libros (a dúas mans como neste caso)… Sempre cun estilo absolutamente propio.
    7 min
  • Un par de libros de bruxas
    Un par de libros de bruxas.  Por algunha razón volveron as historias de bruxas e hai coleccións enteiras que falan delas. Hoxe traemos un par de libros que as teñen como protagonistas e que queremos destacar sobre moitos outros.
    • Inventario de bruxas da avoa Maruxa, de Ramón D. Veiga, ilustrado por Isabel Muñoz e publicado na colección Meigas de Minicumio.
    • Escola de bruxas de María Canosa, con ilustracións de Maiky Odel, publicado por Xerais na colección Sopa de libros. Unha novela para ler e pensar.
    8 min
  • Presas fáciles
    Presas fáciles de Miguelanxo Prado é unha banda deseñada da que se publicaron dous títulos. O primeiro deles levaba o subtítulo de Hienas e estaba publicado por El Patito Editorial. A segunda entrega leva o subtítulo de Voitres e está publicado por Retranca editora. Na primeira o autor presenta o drama de persoas maiores que son engañadas pola banca coas preferetes e outros productos perversos. Na segunda (Voitres), é unha adolescente que, sen sábelo, estaba atrapada nunha escura rede de pornografía. Que teñen en común ambas obras?  Que as vítimas eran sempre presas fáciles.
    5 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.