Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Animálgama
    Un novo libro de poesía infantil. Un novo autor que nunca antes escribirá para nenos e nenas. Ramón Sánchez acaba de publicar Animálgama na colección Pitiños de Antela editorial con ilustracións de Lucía Barrios.
    4 min
  • Teño 14 anos e non é unha boa nova
    Teño 14 nos e non é unha boa nova de Jo Witek móstranos ese mundo no que ser muller e adolescente non é nada apetecible.  A novela está traducida por Antía Veres Xesto e ilustrada por Jimena Estívaliz. Preséntase como "Una historia chea de esperanza sobre a terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil." e tamén "Efi é unha das múltiples rapazas que anualmente son privadas de autonomía e liberdade. Coa súa voz, libre e progresista, resoa unha potente denuncia, un chamamento para cambiar as cousas…
    5 min
  • Carlos López e as historias pequenas
    Carlos López é Chinto, o de Pinto e Chinto, un dúo de humoristas galego formado polo debuxante David Pintor (do que xa temos falado nestes podcast) e polo guionista e autor ao que nos estamos referindo. Xuntos fan humor gráfico en La Voz de Galicia e noutros medios de comunicación, pero ademais, teñen publicado varios libros de literatura infantil xuntos (como Minimaladas e Novas minimaladas, Contos para nenos que dormen deseguida, Cámbiache o conto...). Outras veces taballan por separado, como neste caso fai Carlos López, Chinto.
    6 min
  • Día do pai
    Hoxe é 19 de marzo, nesta data celébrase o Día do Pai. Non sabemos se é moi necesario ou se realmente é unha data organizada para o consumo. Pensada para facerlle agasallos ao pai polo feito de selo. Non imos tomalo a mal, imos aproveitalo no caso de que queirades ter un detalliño con voso pai. Seguro que o merece... Por iso, vouvos facer unha recomendación de libros que seguramente lle gusten porque se vexa reflectido. Poden ser libros para esa data pero tamén os libros que todos e todas regalamos aos nosos amigos cando se van estrear como pais.
    6 min
  • Os acartonados, os minilibros e un álbum de Kalandraka
    Hai pouco publicáronse dous acartoados de Eric Carle: Da cabeza aos pés (enteiramente
    del) e Oso pardo, oso pardo, que ves aquí? realizado con Bill Martin Jr. Trátase de
    libros para prelectorado que vai aprendendo o nome dos animais e as cores nun caso, e
    descubrindo as partes do corpo mentres xogan a moverse como algúns animais.
    Os minilibros son 7 libriños que veñen nunha caixa. Na actualidade hai sete caixas de
    minilibros para ler ás agachadas, para levar no peto... E un álbum para non perder: A
    volta ao mundo de Javier Villafañe con ilustracións de Juan Ramón Alonso.
    7 min
  • A esencia do humano. Día Internacional da Lingua Materna
    O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural do planeta. Foi establecida pola UNESCO en 1999, e recoñecida pola ONU no 2008 Ano Internacional das Linguas. Ten a súa orixe nos feitos de Bangladesh en 1952 cando varios estudantes morreron nas protestas do Movemento pola Lingua Bengalí. A esencia do humano é un libro moi especial. Escrito por Victor D. O. Santos, ilustrado por Anna Forlati e traducido por María Reimóndez e está relacionado con esta temática.
    6 min
  • Dous premios: Arume de Poesía para a Infancia e Fina Casalderrey para a igualdade
    O premio Arume está convocado pola Fundación Neira Vilas coa colaboración de GALIX e o patrocinio de Deleite. Acaba de publicarse Os versos da mariola de Antón Cortizas que foi o poemario ganador na convocatoria anterior. O premio Fina Casalderrey de Literatura para a Igualdade, está convocado pola editorial Baía e o último premio concedido e publicado foi E que vai ser? de Adelaida Vidal.
    6 min
  • A nave dos fatos
    Quen dixo que a rapazada non pode acceder á arte de todo tipo? Este é un libro homenaxe a Brueghel, O Bosco e algún pintor máis como Patinir: A nave dos fatos.
    6 min
  • Dous libros: Monstr3s e O paso do Noroeste
    Dous libros:
    Monstr3s de Laura Parrula e Óscar Villán para criaturas pequerrechas Unha boa historia que nos fala dos medos, do temor ante "o outro", ao descoñecido ou descoñecida e a amizade que salva todas as dificultades.
    Para lectorado experto e xuvenil, O paso do Noroeste, unha novela gráfica que adapta aquela coa que Xavier Queipo ganou o Premio García Barros e na que traballa man a man con Primitivo Marcos. Unha expedición científica que agacha algo máis e ao que terá que enfrontarse o capitán nesa viaxe igual que terá que facelo coa realidade europea á volta da viaxe.
    6 min
  • Nadal
    Nadal con a de agora vacacións, de agasallo, de arume ou folla do piñeiro, de ano novo, de ánimo para vivilo, de alegría para gozalo, de aí veñen os reis, de aquí estamos nós. Tempo de querernos aínda máis e demostralo con pequenos galanos, o mellor deles, xa sabemos: un libro. Hai un libro para cada un e unha de nós, nestes audios témolos e tamén no blog De libros e outros agasallos, só temos que escoitar, ler e pasar pola libraría. Bo Nadal!
    6 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.