Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Na cerna da selva é o último libro de Pere Tobaruela
    Pere Tobaruela, un autor querido de noso porque chegado de fóra sempre escribe en galego, porque defende a lingua e o país sempre que lle é posible. E ademais un autor que escribe para crianzas, para rapazada e mocidade. Neste caso estamos ante unha novela xuvenil.
    7 min
  • Día do teatro
    O premio Anisia Miranda de Teatro convocouse o ano pasado por primeira vez, aínda que se podía dicir que dalgunha maneira substituía ao premio Estornela que a Fundación Neira Vilas convocaba en vida de Neira Vilas e Anisia Miranda. Esta vez, o premio recaeu na obra Travesía Unicornio de María Canosa. Unha escritora próxima á Fundación a través do premio Arume de Poesía para a Infancia convocado por esta mesma Fundación. Esta peza é a súa primeira incursión no teatro, aínda que algunha das súas obras xa foi adaptada pola compañía Ghazafelhos.
    5 min
  • Día da poesía. 21 de marzo - Unha nova dimensión
    O último Premio Merlín de Literatura Infantil, foi para Unha nova dimensión de Anxo Iglesias ilustrado por María Montes. Coincidindo coas datas do día da poesía (21 de marzzo) preséntase un libro de poemas que acada o premio Merlín. Pasa poucas veces pero cada vez que sucede agradecémolo, porque a narrativa ten moita proxección pero a poesía e o teatro teñen moita menos. Este é un poemario que ten base no xogo, que vai dende o punto e a liña, ata o plano e o tempo, para rematar coa quinta dimensión que será a poesía.
    7 min
  • Lecturas para a paz
    O 30 de xaneiro celebramos o día da paz, especialmente nas escolas. Daquela, as pombas visitan á rapazada. Moitos libros falan da paz pero hoxe traemos unha novela da que leremos un fragmento. A primeira aventura de Said e Sheila de Ramón Caride.
    8 min
  • Recomendacións para este tempo de agasallos
    Para as crianzas, libros duros da colección Do berce á lúa, álbums ilustrados de moita calidade e con mensaxe como corresponde a estes tempos, porque contra tanta mentira precisammos consciencia. Álbums que non poden faltar en ningunha casa. Para rapazada que le pola súa conta e ten un bo grao de autonomía, algo de poesía, banda deseñada e narrativa. Para adolescentes, un par de novelas premiadas. Para todos e todas, todos os episodios (case 50) de Libros para as medras.
    9 min
  • Unha traducción de excelencia
    Gústanos que os nosos libros se trasladen a outros idiomas para que teñan noticia de nós, do que nós escribimos e como o facemos. Pero tamén nos gusta que se volque ao galego, o mellor da literatura infantil e xuvenil mundial. Moitas destas traducións son realmente moi boas. E contamos con varias editoriais centradas na tradución: Sushi, Irmás Carton, Hugin e Munin...
    9 min
  • O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
    O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, acadou o premio Nacional de Literatura Xuvenil. Con el rematamos este grupo de podcasts referidos a libros que falan de libros. Porque cando lemos detidamente esta obra descubrimos que o que realmente queda é o amor pola lectura, polos libros.
    10 min
  • Catro cartas
    Seguimos falando de libros que falan de lectura, libros que falan de libros. Neste caso, escollemos unha absoluta referencia: Catro cartas, de Xabier P. Docampo. Preséntase así: "Catro cartas ou... cinco. En conxunto, mensaxes de amor —non sabemos se de curso legal— arredor da lectura. Catro pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción...
    7 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.