Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • De amores diferentes
    Continuaremos con álbum ilustrado e con afectos. Despois do podcast de amor cos libros de Xabier Puente Docampo, quedáronnos ganas de seguir falando de amor, noutras voces. Así chegaron os libros de Daniela Kulot, Javier Sobrino ou José Campanari.
    7 min
  • Día da muller
    O libro Infantil e Xuvenil ten moito que dicir no Día da Muller, porque o imaxinario co que creamos a nova propia maneira de ver o mundo e movernos por el está conformado pola ficción. O que sucede na casa e na escola, xunto co que vemos no cine e na tv, o que temos nos libros, a música que escoitamos… vai creando un pouso do que resulta difícil librarnos. Por iso, tentamos que a música non diga o que di a canción de Chanel a respecto de mulleres e homes nin que utilice o espanglish porque cada un, cada unha, debe cantar na súa lingua e non perverter o seu idioma para deixar entrar outro que teña máis poder. Nestes casos, vemos como nin a Oficina do Español nin as asociacións que din defendelo calan… e a nós tócanos seguir falando de libros infantís e xuvenís que defendan a igualdade de xénero, que turren por un mundo onde sexamos máis felices, unhas e outros.
    7 min
  • Día de Rosalía, agasallando libros
    O noso é sempre provisorio, é provisoria a normativa da nosa lingua, son provisorias as leis que deben apoiala... e ata resultou provisorio o Día de Rosalía que se celebraba o 24 de febreiro, ata que as últimas investigacións demostraron que naceu un día antes, por iso, este ano, por primeira vez, pasamos a celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro.
    Non importa. A vida é provisional, a ciencia cambia cada día e o que importa é o que importa. O Día de Rosalía celebramos o Rexurdimento da literatura galega e facémolo agasallando un libro en galego e unha flor.
    8 min
  • Día do amor, da amizade, do cariño...
    O 14 de febreiro deu en chamarse Día dos namorados e namoradas, pero pode que lle acaia máis chamalo: Día do amor, da amizade, do cariño, dos afectos. Para un día así, sóbrannos libros e deles imos falar, por exemplo de Bolboretas e De cores e de amores, ambos de Docampo, con imaxes do seu ilustrador de cabeceria; Xosé Cobas.
    7 min
  • Peque mais eu
    Contar a morte dun ser querido, traballar esa dor a través dun álbum ilustrado. O seu nome, Peque mais eu, do selo Nubeocho.
    Porque é difícil, necesitamos axuda e os libros poden dárnola. Non o dubidemos!
    6 min
  • Rumores no bosque
    Os álbumes ilustrados poden falar de todo. Poden ser moi planos, ter unha soa lectura e pode ser suficiente. Poden ser moi simbólicos e ter varias interpretacións... Este pode dar que falar porque vai de oralidade e distorsión, de construción dunha verdade - mentira conforme se vai contando.
    4 min
  • Ledicia Costas
    Para tempo de defuntiños e samaín, para os días escuros da invernía... unha mirada sobre a obra de Ledicia Costas, autora de Escarlatina, a cociñeira defunta e da súa precuela Esmeraldina, a pequena defunta, de Vampira de biblioteca e tamén da serie d´Os minimortos.
    8 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.