Un policía local resultou ferido nun novo episodio vinculado coa vivenda da rúa Riveiro, en Corvillón, Cambados, cuxos residentes veñen atemorizando á veciñanza dende hai varias semanas cos seus comportamentos.
O goberno loca de Vilagarcía congratúlase de que “por fin a
Xunta de Galicia teña a ben iniciar as obras das beirarrúas de Bamio, despois de quince anos do anuncio e case dous dende que o anterior delegado provincial da Xunta dixera publicamente que os traballos se iniciarán a comezos de 2023".
A Xunta de Galicia, a través de Agader, prevé iniciar o vindeiro ano cursos de formación agraria experimental no Pazo de Vista Real, tras a petición realizada neste sentido polo Concello de Vilanova.
O Concello de Ribadumia deu comezo ás obras de ampliación e mellora do camiño municipal entre Outeiro e Puxafeita, na parroquia de Ribadumia.
O grupo municipal de Somos Ribadumia critica que o goberno local teña instalado recentemente tres puntos limpos de proximidade sen os mecanismos de xestión correspondentes nin tampouco ter operativo o punto limpo de Leiro.
A Centro de Información á Muller da Mancomunidade de O Salnés, integrado polos Concellos de Cambados, Ribadumia, Meis, Meaño e Vilanova, conmemora o 25N coa campaña “Que parte de NON non entendes?”.
O Conservatorio municipal de Cambados conmemora este ano o 20 aniversario da súa fundación cun programa de seis actividades que se prolongarán ao longo do vindeiro ano.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a sede da Asociación Cambados Zona Centro con motivo das subvencións para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.