A Policía Local investiga as circunstancias do accidente acontecido esta pasada noite na recta de Rubiáns, en Vilagarcía, no que faleceu un repartidor de Glovo, de 37 anos, tras colisionar a motocicleta que conducía contra un taxi fora de servizo no que viaxaban dúas persoas, pai e fillo, este último de 20 anos.
En Sanxenxo, as obras que o Concello está a executar no Miradoiro da Peixeira provocan dende hoxe e ata o venres cortes do tráfico rodado nun tramo da Avenida de Pontevedra.
O Club de Remo da Pobra traballa para retomar a actividade tralo voraz incendio rexistrado nas súas instalacións na madrugada deste luns.
A directiva xa se reuniu para que os seus 150 remeiros poidan volver aos adestramentos o antes posible.
Un total de 481 embarcacións de 24 países diferentes recalaron no puerto deportivo Juan Carlos I durante o pasado ano. A cifra, segundo o balance que ven de publicar o Concello, supón un lixeiro incremento de máis do 2,5% respecto ao ano anterior.
Vilagarcía e Ribeira, xunto con Bueu e Vigo, poden acollerse ás axudas convocadas este ano pola Xunta, por importe de algo máis de 140.000 euros, para o impulso de iniciativas que promovan o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Hoxe 7 de xaneiro, a Illa de Arousa e Pontecesures celebran San Xulián.
No primeiro caso, homes e mulleres saen vestidos cos mellores traxes como se fora o epílogo de Fin de Ano. Mentres, Pontecesúres celebra hoxe o primeiro festivo local do ano na honra de San Xulián con actos relixiosos, aos que se suma pola tarde a Festa do Churro.
Dende Pontevedra, o BNG deu inicio hoxe ao Ano Castelao nun acto celebrado no Teatro Principal cunha declaración institucional pronunciada pola voceira nacional da formación.
Tamén dende Rianxo, o Partido Galeguista, con la colaboración de la Asociación Etnolóxica de Rianxo, súmase á conmemoración do 75 aniversario do pasamento de Castelao cunha programación enmarcada no Ano Castelao.