Decretado o ingreso en prisión dun coñecido delincuente que viña actuando en Vilalonga durante o último ano, con numerosos furtos en inmobles e establecementos.
Inicio inmediato das obras de emerxencia do Cuartel da Garda Civil de Sanxenxo, adxudicadas por importe de 200.000 euros. para reparar os danos dos temporais de inverno no voladizo do patio interior.
Avanzan os trámites para a demandada humanización da rúa Luis Antonio Mestre, no Grove. O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración
co Concello para executar o proxecto cun orzamento global de 2,6 millóns de euros.
O PP do Grove xa ten relevo ao fronte da formación na localidade. Carolina Otero Lois foi elexida como nova voceira municipal.
Rematan as obras de acondicionamento das pistas de atletismo de Fontecarmoa que, tras un investimento de 164.255 euros, permitirán a súa homologación deportiva.
Vilagarcía abre o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e postos de venda ambulante durante a celebración das festas de Santa Rita.
Ribadumia prevé a contratación de seis persoas durante oito meses para a realización de traballos en diferentes postos e servizos municipais.
O Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo acollerá este venres 27 de marzo a octava edición da Gala da vela Galega, un evento que recoñece os méritos dos mellores regatistas, clubes e técnicos da tempada.
Dez establecementos de Caldas de Reis participan na primeira edición da Ruta de Tapas, organizada pola Asociación de Hostalería da localidade, en colaboración co Concello.
A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía súmase aos actos conmemorativos do Día do Teatro organizando un obradoiro de creación de monicreques.