Pendentes do tempo estan en Vilanova para a celebración do Momo este domingo a partir das 17.00 horas presentado po Xacobe Pérez e o humorista Pepo Suevos, coa participación no desfile dunhas 2.000 persoas e 40 comparsas.
Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido con máis de 500 participantes e 16 comparsas procedentes de toda a provincia. A cabalgata iniciarase as 17:00 horas dende Alexandre Bóveda.
No Grove, o Desfile de Entroido partirá dende ás 17 horas dende a Praza do Concello para rematar no pabillón municipal coa entrega de premios do concurso de disfraces.
O paro correspondente ao pasado mes de febreiro rexistrou baixadas en case todas as nosas comarcas agás no Barbanza.
Vilagarcía adquire dúas parcelas anexas á Fonte de Faxilde, en Sobrán, para converter o espazo nunha zona verde e de lecer con merendeiros, poñendo fin, ao tempo, a un conflicto veciñal.
En Cambados, o Concelleiro de Seguridade e Tráfico José Ramón Abal Varela celebrará novas reunións con comerciantes da Rúa Infantas para abordar o proxecto de peonalización, que, en principio, sería o último do mandato.
Cinco empresas optan a realizar a mellora do acceso ao porto pesqueiro de Sanxenxo, cun importe base de licitación de 190.750 euros e un prazo de execución de 45 días.
O presidente da Xunta visita as instalacións da Protectora de Animais de Vilagarcía, en Pinar do Rei, para poñer en valor o reforzo da Xunta á atención dos animais abandonados.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, asinaron hoxe o convenio para a construcción do novo centro de saúde, no que a Xunta ten previsto investir arredor de 7,2 millóns de euros.
A Concellería de Igualdade de Barro conmemora este ano o 8M coa creación dunha “galería de mulleres favoritas” na que poderán figurar todas as mulleres da localidade “dende cero a infinitos anos".
A moza de Boiro de 31 anos, Alejandra Di Nuovo, que reclamaba o recoñecemento da súa enfermidade, faleceu sen lograr a discapacidade que demandaba.