A Garda Civil busca ao autor dun roubo mediante tirón rexistrado esta mañá no Grove. Segundo a denuncia da víctima, un encarapuchado que ía en bicicleta derribou á muller e sustraeulle o bolso, dándose inmediatamente á fuga.
A Policía Local de Vilagarcía inicia hoxe unha campaña especial de vixilancia para controlar a circulación de vehículos de mobilidade persoal (VMP) durante a Semana Santa.
As condicións meteorolóxicas serán determinantes para que se acaben confirmando as reservas hoteleiras para os días fortes de Semana Santa, dende o xoves ao sábado.
O goberno de Vilagarcía cree que “a Xunta débelle aos vilagarciáns unha explicación polo fracaso na licitación da estación marítima a instalar na cabeceira do peirao de pasaxeiros”.
O BNG de Vilagarcía presentou unha moción para o seu debate en pleno solicitando á Xunta as accións oportunas no CEIP de O Piñeiriño para garantir a accesibilidade e mobilidade no mesmo.
A Asociación Cambados Zona Centro recupera o sistema de rascas na campaña do Día da Nai, que hoxe presentaron o Concelleiro de Comercio, Tino Cordal, e o presidente da asociación de comerciantes Juan Rey.
Sanxenxo comeza a xestionar o Plan Concilia para os meses de xullo e agosto e, trala Semana Santa, abre o martes 22 de abril o prazo de inscripción que se estenderá ata o 9 de maio.
A praia da Compostela volverá a acoller este mércores unha xornada de convivencia de fútbol praia, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, que se desenvolverá de 10:00 a 13:00h.
A Pontevedrada 2025 comezará o sábado 26 de abril o seu particular Camiño de Santiago nunha marcha nocturna de 67 kilómetros que partirá ás 20.00 horas dende a avenida de Montero Ríos da cidade do Lérez.
Xa se coñece o prezo das entradas para o concerto que Jennifer López ofrecerá o 8 de xullo en Pontevedra e que oscilarán entre os 79 e os 395 euros.