Novo operativo antidroga con epicentro no Salnés que de momento se salda con dez persoas detidas e outros tantos rexistros na Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía.
Accidente mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos de idade, veciño de Vigo, faleceu tras ser atropelado na estrada PO-531, o vial que Pontevedra e Vilagarcía, á altura de Campañó.
Ponse en marcha a campaña promovida dende a Xefatura Provincial de Tráfico, a Garda Civil e a Subdelegación do goberno de cara á prevención de atropelos de personas maiores.
En Vilagarcía, comezan as obras para resolver o problema da acumulación de auga no acceso ao paso elevado ferroviaria situado na rúa Sarxento Solla, en Cea.
Catoira disporá este ano da súa primeira Relación de Postos de Traballo (RPT). O goberno local mantén aberta dende hai cinco meses unha negociación coa representación sindical do persoal,
Sergio Soutelo encabezará a lista de Somos Ribadumia nas próximas eleccións municipais. A Comisión Executiva da formación en reunión extraordinaria proclamou á única candidatura formalizada.
Advertencia para o sector da viticultura. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro alerta sobre a detección das primeiras manchas de mildio na maioría das viñas do Salnés obxecto de revisión.
A Denominación de Orixe Rías Baixas pechou o pasado exercicio de 2025 aumentando as exportacións a pesar da incerta situación xeopolítica.
A programación musical da Festa do Albariño renova a súa cita coa música urbana e reunirá o 31 de xullo a ROA, Luar La L e La Pantera na Praza de Fefiñáns.
O portonovés Juan García Carballa, máis coñecido como “Peche”, será distinguido o 3 de maio, ás 12.30 horas, coa Raia de Ouro na Casa Mariñeira de Don Fernando.
Vilagarcía conmemora o Día Internacional da Danza cun espectáculo do artista local Alejandro Rodríguez.