Turismo Rías Baixas presentou en Fitur, no espazo de TurGalicia e con numerosa presencia de público, a súa campaña de promoción turística" Cando Volves?, un audiovisual que, desta volta, pretende difundir os atractivos e ofertas do interior da provincia de Pontevedra,
A comarca do Salnés también está hoxe moi presente na segunda xornada de Fitur.
Cambados, divulga a súa oferta turística e gastronómica como Pueblo Mágico de Galicia e con presencia propia por primeira vez no stand de TurEspaña.
Previamente, a partir das 17 horas, de novo no espazo de TurGalicia, O Grove e Sanxenxo presentarán a segunda edición da Media Mararón Entre Rías e a Mancomunidade do Salnés divulgará a súa oferta turística coa alternativa de Outra forma de facer o Camiño,
En Vilagarcía, o avance nas obras de construción do tanque de tormentas, situado diante de Fexdega, provocará cambios temporais de tráfico a partir do luns 27 de xaneiro que afectarán principalmente á circulación na Avenida Rodrigo de Mendoza.
A Illa de Arousa proxecta a rehabilitación do Museo da Conserva mediante unha achega solicitada á Xunta de Galicia por valor duns 20.000 euros.
Vilanova executou dúas melloras na Escola Infantil municipal que supuxeron un investimento de 34.500 euros, financiados a través do Plan +Provincia da Deputación.
A comisión en memoria dos afogados da Arnosa, en Sanxenxo, conmemorará o 22 de febreiro o 85 aniversario do naufraxio que renderá homenaxe a cada unha das 23 víctimas da traxedia.
A organización do Festival Costa Feira desvelou hoxe o segundo artista que actuará en Sanxenxo este verán. O cantante Manuel Carrasco actuará en Nantes o 9 de agosto ás 22 horas.
A sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá este venres ás 20:00 horas a presentación da nova novela da autora Ana Lojo Chan, "Estela de Cartas. Alph@" da editorial Edificar Universos.
Pontevedra está inmersa na gala dos premios Feroz, que se celebra este sábado 25 no Pazo da Cultura, a partir das 22 horas.